saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria prevista para o 25 de marzo de 2025

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 25 de marzo de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de marzo de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.      Textos lexislativos

 

1.1.Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre o Proxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia (doc. núm. 15321, 12/PL-000007).
 Publicación do Ditame da comisión e do mantemento de emendas, BOPG nº 174, do 18.03.2025
  
1.2Debate de toma en consideración da Proposición de lei orgánica, para presentar ante o Congreso dos Deputados, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de transferencia a Galicia dos servizos meteorolóxicos radicados en Galicia (doc. núm. 14045, 12/PPLC-000003)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 113, do 06.11.2024
  
Punto 2.Comparecencias
  
2.13936 (12/CPP-000010)
 Do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28f1, do 22.05.2024
  
2.221907 (12/CPP-000039)
 Da conselleira de Economía e Industria, por petición propia, para informar sobre a situación dos proxectos industriais estratéxicos na nosa Comunidade
  
Punto 3.Mocións
  
3.121766 (12/MOC-000053)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre os concertos sanitarios como mecanismo do modelo de sanidade pública (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 1137, publicada no BOPG núm. 10f1, do 12 de abril de 2024, e debatida na sesión plenaria do 11 de marzo de 2025)
  
3.221824 (12/MOC-000054)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 López Font, Carlos
 Sobre a xestión das políticas de vivenda por parte da Xunta de Galicia, especialmente das dirixidas á mocidade (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 20084, publicada no BOPG núm. 159f2, do 19 de febreiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 11 de marzo de 2025.)
  
3.321832 (12/MOC-000055)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo
 Sobre os resultados que está a ter o último plan do Goberno galego de transporte público por estrada e o grao de cumprimento dos contratos por parte das empresas concesionarias (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 19844, publicada no BOPG núm. 159f2, do 19 de febreiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 11 de marzo de 2025)
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.12945 (12/PNP-000332)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pomar Tojo, Carmen María e 3 máis
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa autoestrada AP-9
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024
  
4.211056 (12/PNP-000917)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que atenda as solicitudes de información e reunión realizadas polo executivo galego en relación coa autoestrada AP-9
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 19.09.2024
  
4.319448 (12/PNP-001536)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
 Sobre as actuacións que o Goberno galego debe levar a cabo ante o impacto ambiental, económico e social que supoñería a reapertura da mina de Touro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f1, do 12.02.2025
  
4.419556 (12/PNP-001551)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego ante o crecemento descontrolado de pisos turísticos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f1, do 12.02.2025
  
4.520584 (12/PNP-001652)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia
 Sobre as medidas que o Goberno galego debe pór en marcha dirixidas a promover as boas condutas e previr a violencia no deporte
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162f1, do 26.02.2025
  
4.620941 (12/PNP-001682)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón e 2 máis
 Sobre a demanda á Xunta de Galicia co obxecto de que se acolla á quitación da débeda ofrecida polo Goberno central nas negociacións de financiamento autonómico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 167f1, do 05.03.2025
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.11280 (12/INT-000059)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
 Sobre o tratamento en réxime residencial das persoas con doenzas psiquiátricas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024
  
5.218909 (12/INT-000755)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria e Prado Cores, María Montserrat
 Sobre a situación das listas de espera hospitalarias do Servizo Galego de Saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153f2, do 06.02.2025
  
5.321036 (12/INT-000851)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto do desenvolvemento do plan estratéxico que dispón a Lei de servizos sociais de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 171f1, do 12.03.2025
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
  
6.121905 (12/POPX-000037)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre o grao de transparencia, normalidade e legalidade da tramitación dos procedementos relacionados coa implantación do proxecto industrial de Altri
  
6.221906 (12/POPX-000038)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a instalación en Galicia da planta macrocelulosa de Altri que non quere Portugal
  
Punto 7.

Preguntas ao Goberno

 

7.121889 (12/PUP-000096)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Valcárcel Armesto, Montserrat
 Sobre a valoración realizada pola Xunta de Galicia respecto da solicitude de captación de auga no encoro de Portodemouros prevista no Proxecto Gama
  
7.216166 (12/POP-002377)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Abalde Alonso, Julio Ernesto e Longueira Castro, Silvia
 Sobre as demandas de profesorado de apoio manifestadas pola ANPA do CPI Castro Baxoi, de Miño
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140f1, do 16.01.2025

 

7.320731 (12/POP-003171)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ruanova Vilas-Boas, Brais e Fernández Davila, María Cristina
 Sobre a cobertura da praza vacante de conserxaría no IES San Paio, de Tui
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 167f2, do 05.03.2025

 

7.421890 (12/PUP-000097)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e Abalde Alonso, Julio Ernesto
 

Sobre as sentenzas que acaban de recoñecer o dereito das nenas e dos nenos galegos ao acceso ás axudas educativas no ámbito da educación inclusiva

 

7.521305 (12/POP-003253)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 2 máis
 Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia ante o anuncio de peche da Escola Infantil A Casiña, situada no barrio ourensán das Lagoas
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 171f1, do 12.03.2025

 

7.619096 (12/POP-002944)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Deza Martínez, María e 8 máis
 Sobre as medidas de concesión de avais á compra de vivenda postas en marcha polo Goberno central e que terán que xestionar as comunidades autónomas
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f4, do 12.02.2025

 

7.721250 (12/POP-003244)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Grueira Fernández, Nicole e 9 máis
 Sobre as medidas que está a pór en marcha a Xunta de Galicia destinadas a facilitarlle á xente nova o acceso á vivenda
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 171f1, do 12.03.2025
  
7.817776 (12/POP-002795)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Méndez López, Lara e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia no que concirne á redución das listas de espera para consultas no Hospital Público da Mariña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 148f1, do 30.01.2025
  
7.918357 (12/POP-002870)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
 Sobre o balance dos plans locais de saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153f2, do 06.02.2025

 

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina