A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 18 de marzo de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 10432 (12/PNC-000981)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fidalgo Iglesias, Miguel e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que active os mecanismos precisos para crear un rexistro especial para a frota pesqueira de altura que poida afianzar as expectativas deste sector
BOPG n.º 81f2, do 11.09.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno Central para que estableza as medidas necesarias para que se poida activar un mecanismo de Segundo Rexistro para a frota pesqueira de bandeira española que opera fora das augas do caladoiro nacional, para frear a perda de unidades, reter tripulantes e mellorar a súa competitividade afianzando as expectativas de futuro do sector pesqueiro español e a soberanía alimentaria que representa."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 19056 (12/PNC-001747)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fidalgo Iglesias, Miguel e 7 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que revise a súa futura normativa en relación coa inclusión dos produtos do mar nas recomendacións para a composición dos menús escolares
BOPG n.º 156f2, do 12.02.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que na elaboración do Real Decreto teña en conta as seguintes consideracións:
1. Fixar como recomendable un consumo mínimo tres racións de peixe por semana, en liña coa Aesan e a OMS.
2. Revisar e eliminar o punto no que se insta a evitar o consumo de produtos do mar polo seu «alto contido de mercurio», cando en ningún outro alimento faise mención aos posibles
contaminantes que puidese conter.
3. Corrixir o texto no xeito de que se segue a incluir o peixe «dentro da proteína animal», sen diferencialo da carne, cando é «nutricionalmente máis completo e saudable».
4. Eliminar as referencias ás «tendencias dietéticas (como o vexetarianismo) para desenvolver as recomendacións, algo que pode sentar un preceden-te e facer que a norma perda o seu carácter neutral."