A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 8 de abril de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 1 de abril de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Comparecencia |
1.1 | 22622 (12/CPP-000042) |
Do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, por petición propia, para informar sobre as liñas mestras do Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 | |
Punto 2. | Mocións |
2.1 | 22498 (12/MOC-000056) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Rodil Fernández, Olalla | |
Sobre o tratamento en réxime residencial das persoas con doenzas psiquiátricas (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 1280, publicada no BOPG núm. 12f1, do 17 de abril de 2024, e debatida na sesión plenaria do 25 de marzo de 2025.) | |
2.2 | 22527 (12/MOC-000057) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Carreira Pazos, Iria | |
Sobre a situación das listas de espera hospitalarias do Servizo Galego de Saúde (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 18909, publicada no BOPG núm. 153f2, do 6 de febreiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 25 de marzo de 2024.) | |
2.3 | 22556 (12/MOC-000058) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Longueira Castro, Silvia | |
Sobre as previsións do Goberno galego respecto do desenvolvemento do plan estratéxico que dispón a Lei de servizos sociais de Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 21036, publicada no BOPG núm. 171f1, do 12 de marzo de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 25 de marzo de 2025.) | |
Punto 3. | Proposicións non de lei |
3.1 | 10905 (12/PNP-000897) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Iglesias Rey, Patricia e Méndez López, Lara | |
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxectivo de que elabore un censo mineiro e leve a cabo unha planificación deste sector en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 19.09.2024 | |
3.2 | 10952 (12/PNP-000902) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Presas Bergantiños, Noa Olalla e 2 máis | |
Sobre determinadas demandas dirixidas á Xunta de Galicia en relación coa decisión de construír un novo edificio para o Hospital Materno-Infantil do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 19.09.2024 | |
3.3 | 14858 (12/PNP-001255) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Méndez López, Lara e 3 máis | |
Sobre a demanda ao Goberno galego da elaboración, coa participación da Pegamp e con criterios obxectivos, transparentes e á marxe do Fondo Galego de Cooperación, dun plan único autonómico para o financiamento de proxectos locais | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 127, do 04.12.2024 | |
3.4 | 17662 (12/PNP-001414) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Suárez Fernández, Iago e Carreira Pazos, Iria | |
Sobre determinadas medidas que debe adoptar o Goberno galego dirixidas a incrementar a taxa de emancipación da mocidade | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 147f2, do 29.01.2025 | |
3.5 | 18922 (12/PNP-001490) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Trenor López, Gonzalo e 8 máis | |
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno de España co obxecto de que se comprometa co impulso do corredor atlántico ferroviario | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153f1, do 06.02.2025 | |
3.6 | 22251 (12/PNP-001791) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Arias Rodríguez, Raquel e 15 máis | |
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa repartición dos menores migrantes non acompañados | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 179f1, do 26.03.2025 | |
Punto 4. | Interpelacións |
4.1 | 5712 (12/INT-000334) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia | |
Sobre as estratexias para rebaixar as listas de espera na sanidade pública galega | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40f1, do 19.06.2024 | |
4.2 | 19463 (12/INT-000776) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis | |
Sobre o proceso de selección do proxecto industrial de Altri e os compromisos adquiridos pola Sociedade Impulsa con esta empresa | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f1, do 12.02.2025 | |
4.3 | 21839 (12/INT-000879) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Valcárcel Armesto, Montserrat e 4 máis | |
Sobre as políticas que prevé desenvolver a Xunta de Galicia ante o impacto económico da declaración de sete comarcas galegas como zonas vulnerables aos nitratos (ZVN) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 179f1, do 26.03.2025 | |
Punto 5. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
5.1 | 22620 (12/POPX-000039) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Gómez Besteiro, José Ramón | |
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego ante os déficits actuais do sistema sanitario público de Galicia | |
5.2 | 22621 (12/POPX-000040) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén | |
Sobre a evolución das listas de espera sanitarias na actual lexislatura da Xunta de Galicia | |
Punto 6. | Preguntas ao Goberno |
6.1 16753 (12/POP-002584)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 8 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto das incidencias que se están a rexistrar no transporte ferroviario
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 144f1, do 24.01.2025
6.2 22147 (12/POP-003364)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández González, Ariadna e Rodil Fernández, Olalla
Sobre a postura da Xunta de Galicia en relación co proceso de acollemento de menores estranxeiros non acompañados
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 179f2, do 26.03.2025
6.3 18285 (12/POP-002859)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis
Sobre a información que ten a Xunta de Galicia das previsións do Goberno central no que atinxe á procura dunha solución enerxética para os proxectos industriais estratéxicos de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153f2, do 06.02.2025
6.4 21557 (12/POP-003271)
Grupo Parlamentario Mixto
Ojea Bouzo, Armando
Sobre as razóns para non asignar a Ourense unha partida orzamentaria de 24 millóns non executada en Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 175f2, do 19.03.2025
6.5 17285 (12/POP-002731)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
López Font, Carlos e Castro Rey, Paloma
Sobre os prazos previstos pola Xunta de Galicia para iniciar as accións necesarias co fin de conseguir a eliminación das peaxes nas autoestradas de titularidade autonómica AG-55 e AG-57
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 145f1, do 27.01.2025
6.6 18208 (12/POP-002849)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón Tomás e 3 máis
Sobre a dotación do sistema público de saúde de Galicia dunha unidade especializada na silicose
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 148f1, do 30.01.2025
6.7 22611 (12/PUP-000101)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia ante o derrubamento do falso teito no Hospital Materno-Infantil de Ourense
6.8 22618 (12/PUP-000102)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre o derrubamento do teito do Hospital Materno-Infantil de Ourense
6.9 22609 (12/PUP-000100)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes
Sobre a garantía da protección do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade ante a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente