saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego celebrada o 29 de abril de 2025

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 29 de abril de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 19706 (12/PNC-001825)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que siga avanzando no fortalecemento do cooperativismo como piar da economía galega

BOPG n.º 159f1, do 19.02.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

" O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1.- A fortalecer o cooperativismo como un piar clave da economía galega, en liña co Ano Internacional das Cooperativas, dándolle na estratexia de goberno un papel principal e contribuíndo a visibilizar as cooperativas como unha forma de emprendemento empresarial democrática, redistributiva e socialmente sostible e incentivando esa labor promocional e informativa nos axentes intermedios.

2.- Avanzar nun novo marco regulador coa nova Lei de cooperativas de Galicia, lexislando e adaptando a normativa á realidade actual do sector e do seu dinamismo, co obxecto de axilizar a creación de novas entidades e de consolidar as xa existentes dándolle pulo ao rexistro autonómico de cooperativas. Para tal fin contarase con todos os axentes implicados, apostando polo diálogo e a escoita activa, o obxectivo firme de ter aprobada a nova lei este ano."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 22415 (12/PNC-002105)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat e Carreira Pazos, Iria

Sobre as medidas que o Goberno galego debe tomar logo da rescisión do contrato de xestión dos helicópteros do 061 á empresa concesionaria

BOPG n.º 182f1, do 02.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

1.-Realizar o novo concurso para a concesión dos helicópteros da Fundación Pública Urxencias Sanitarias -061 polo procedemento de urxencia.

2.- Tomar todas as medidas para que non se lle adxudique á actual concesionaria, Eliance, por incumprimentos reiterados.

3.-En tanto non se realice a nova adxudicación, esixirlle á empresa o cumprimento do establecido nos pregos de licitación e polo tanto cubrir a totalidade do horario comprendido entre o orto e o solpor e ter helicóptero de reposto".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina