saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento o día 6 de maio de 2025

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 6 de maio de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 29 de abril de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Texto lexislativo
  
1.1Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para a inclusión de cláusulas sociais e de igualdade na contratación pública e réxime de axudas e subvencións (doc. núm. 17725, 12/PPL-000005)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 143f1, do 23.01.2025
  
Punto 2.Comparecencias
  
2.124645 (12/CPP-000044)
 Do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento
  
2.224646 (12/CPP-000045)
 Do conselleiro do Mar, por petición propia, para informar sobre a comercialización dos produtos pesqueiros ante as negociacións do acordo de libre comercio da Unión Europea con Tailandia
  
Punto 3.Mocións
  
3.123936 (12/MOC-000059)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre as estratexias para rebaixar as listas de espera na sanidade pública galega (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 5712, publicada no BOPG núm. 40f1, do 19 de xuño de 2024, e debatida na sesión plenaria do 8 de abril de 2025.)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025
  
3.223993 (12/MOC-000060)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Valcárcel Armesto, Montserrat
 Sobre as políticas que prevé desenvolver a Xunta de Galicia ante o impacto económico da declaración de sete comarcas galegas como zonas vulnerables aos nitratos (ZVN) (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 21839, publicada no BOPG núm. 179f1, do 26 de marzo de 2025, e debatida na sesión plenaria do 8 de abril de 2025.)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025
  
3.324010 (12/MOC-000061)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre o proceso de selección do proxecto industrial de Altri e os compromisos adquiridos pola Sociedade Impulsa con esta empresa (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 19463, publicada no BOPG núm. 156f1, do 12 de febreiro de 2025, e debatida na sesión plenaria do 8 de abril de 2025.)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.16902 (12/PNP-000705)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e 2 máis
 Sobre as accións que o Goberno galego debe levar adiante respecto da loita contra a discriminación do colectivo LGTBIQ+ no ámbito laboral
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 23.07.2024
  
4.216326 (12/PNP-001346)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis
 Sobre a demanda á Xunta de Galicia dunha modificación da composición do Consello da Minaría de Galicia para dar entrada ás asociacións de defensa da natureza e ás comunidades de montes en man común
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 139, do 15.01.2025
  
4.322506 (12/PNP-001817)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Grueira Fernández, Nicole e 9 máis
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central e a proposta de resolución que se presenta en relación coa rebaixa do nivel de protección do lobo
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 182f1, do 02.04.2025
  
4.422562 (12/PNP-001829)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Lorenzo Gómez, Rubén e 9 máis
 Sobre as accións que o Goberno galego debe pór en marcha en relación coa política que está a desenvolver a Unión Europea para a obtención de materias primas estratéxicas e, concretamente, co proxecto da mina de litio de Doade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025
  
4.522933 (12/PNP-001863)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e Taibo Corsanego, Iria
 Sobre as bases que deben constituír a postura da Xunta de Galicia ante a actual política exterior de Estados Unidos e o incremento do gasto militar na Unión Europea
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025
  
4.622960 (12/PNP-001865)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón e 2 máis
 Sobre a proposta de resolución que se presenta en relación co apoio ao uso da lingua galega no Parlamento Europeo
 Publicación da iniciativa con correccións, BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.122600 (12/INT-000916)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández González, Ariadna e Rodil Fernández, Olalla
 Sobre o modelo da atención prestada nos centros de menores e os seus recursos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f2, do 09.04.2025
  
5.222890 (12/INT-000926)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa Olalla e Fernández Alfonzo, Ramón Tomás
 Sobre a postura do Goberno galego verbo da posibilidade de superar o actual sistema de financiamento da comunidade, así como de negociar unha quitación da débeda
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f2, do 09.04.2025
  
5.322927 (12/INT-000927)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
 Sobre a garantía de participación institucional dos axentes sociais no deseño das políticas de emprego en Galicia e o actual funcionamento do Consello Autonómico de Emprego e dos respectivos consellos provinciais e territoriais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f2, do 09.04.2025
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
  
6.124629 (12/POPX-000041)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre a situación do emprego en Galicia
  
6.224636 (12/POPX-000042)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as medidas que prevé adoptar o Goberno galego para garantir os dereitos das persoas maiores
  
Punto 7.Preguntas ao Goberno
  

7.1               19559 (12/POP-003032)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis

Sobre a postura do Goberno galego ante a petición por parte do Concello de Santiago para tramitar a baixa dos pisos turísticos que incumpren a normativa

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f4, do 12.02.2025

 

7.2               24635 (12/PUP-000104)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    Insua Lema, Óscar

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da demanda veciñal e institucional da apertura neste ano 2025, por medio do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, dun centro de día en Corcubión

 

7.3               21257 (12/POP-003246)

                    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

                    Sanz Arias, Cristina e 8 máis

Sobre o proceso de planificación e execución levado a cabo por parte do Goberno de España do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 171f1, do 12.03.2025

 

7.4               21829 (12/POP-003320)

                    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

                    Longueira Castro, Silvia e 2 máis

Sobre as razóns do atraso das obras do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 179f2, do 26.03.2025

 

7.5               24642 (12/PUP-000105)

                    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

                    Deza Martínez, María e 10 máis

Sobre a contribución da sociedade Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) á promoción de vivenda pública desde a súa creación en novembro de 2024

                    

7.6               20024 (12/POP-003090)

                    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

                    Castro Rey, Paloma e 2 máis

Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia respecto da vinculación existente entre o servizo de aparcadoiro dun hospital público e unha asistencia sanitaria de calidade

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 159f2, do 19.02.2025

  

7.7               21798 (12/POP-003313)

                    Grupo Parlamentario Popular de Galicia

                    Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis

Sobre os datos das listaxes de espera cirúrxicas correspondentes ao ano 2024

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 179f2, do 26.03.2025

                   

7.8               24628 (12/PUP-000103)

                    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

                    Méndez López, Lara e Rodríguez Dacosta, María del Carmen

Sobre a postura da Xunta de Galicia e as medidas que prevé adoptar respecto dos últimos despedimentos producidos na fábrica de Sargadelos

                   

7.9               22231 (12/POP-003381)

                    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

                    Fernández Fernández, Secundino e 4 máis

Sobre a información publicada pola Consellería do Medio Rural respecto da aprobación da declaración de impacto ambiental da macrocelulosa de Altri

                    Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182f2, do 02.04.2025

 

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

 

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2025

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina