saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo celebrada o 5 de maio de 2025

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 5 de maio de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 22908 (12/PNC-002159)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fidalgo Iglesias, Miguel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central relativa ás políticas que cómpre defender na Unión Europea verbo das relacións con Noruega en materia de pesca

BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:

 

1. Facilitar e apoiar a continuación do Diálogo de Alto Nivel entre a UE e Noruega en materia de pesca.

 

2. Realizar as xestións máis oportunas para a aprobación da reforma iniciada pola Comisión Europea do Regulamento 1026/2012, que permite adoptar medidas contra aqueles países que non realizan unha pesca sostible.

 

3. Defender a necesidade de vincular a relación pesqueira con Noruega co acceso dos produtos pesqueiros noruegueses ao mercado europeo".

 

 

- 23877 (12/PNC-002192)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fernández Rosende, Jesús María e 7 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en materia de seguridade no mar, ben para frotas profesionais, ben para a actividade deportiva

BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 6 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España

para:

 

1º.- Estudar a posibilidade de substituír as bengalas progresivamente ou, en todo caso, combinalas con sinais luminosos baseados en tecnoloxía LED.

 

2º.- Implementar a formación práctica no uso destes dispositivos, xa sexan as bengalas ou aqueles elementos cos que se combinen ou substitúan, aproveitando ademais aquelas unidades próximas á súa data de caducidade como unha maneira de máis de darlle saída antes da súa destrución.

 

3º.- Estudar a posibilidade de sinalizar os polígonos de bateas e calquera outra instalación de acuicultura ou flotante, con vértices virtuais nas cartas de navegación, de tal xeito que, resulten perfectamente identificables polos plotters GPS.

 

4º.- Estudar a posibilidade de prohibir ou condicionar a navegación, xa sexa profesional como deportiva, en función das previsións sobre determinadas condicións meteorolóxicas.

 

5º.- Estudar a posibilidade de instalar nos pesqueiros de certa envergadura e en función do seu número de tripulantes, embarcacións de supervivencia/salvamento ríxidas, reguladas pola normativa, similares ás empregadas nos mercantes e nas que se poida abandonar o buque en condicións de sobrevivir no mar."A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 5 de maio de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 22908 (12/PNC-002159)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fidalgo Iglesias, Miguel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central relativa ás políticas que cómpre defender na Unión Europea verbo das relacións con Noruega en materia de pesca

BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:

 

1. Facilitar e apoiar a continuación do Diálogo de Alto Nivel entre a UE e Noruega en materia de pesca.

 

2. Realizar as xestións máis oportunas para a aprobación da reforma iniciada pola Comisión Europea do Regulamento 1026/2012, que permite adoptar medidas contra aqueles países que non realizan unha pesca sostible.

 

3. Defender a necesidade de vincular a relación pesqueira con Noruega co acceso dos produtos pesqueiros noruegueses ao mercado europeo".

 

 

- 23877 (12/PNC-002192)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fernández Rosende, Jesús María e 7 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en materia de seguridade no mar, ben para frotas profesionais, ben para a actividade deportiva

BOPG n.º 188f1, do 16.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 6 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España

para:

 

1º.- Estudar a posibilidade de substituír as bengalas progresivamente ou, en todo caso, combinalas con sinais luminosos baseados en tecnoloxía LED.

 

2º.- Implementar a formación práctica no uso destes dispositivos, xa sexan as bengalas ou aqueles elementos cos que se combinen ou substitúan, aproveitando ademais aquelas unidades próximas á súa data de caducidade como unha maneira de máis de darlle saída antes da súa destrución.

 

3º.- Estudar a posibilidade de sinalizar os polígonos de bateas e calquera outra instalación de acuicultura ou flotante, con vértices virtuais nas cartas de navegación, de tal xeito que, resulten perfectamente identificables polos plotters GPS.

 

4º.- Estudar a posibilidade de prohibir ou condicionar a navegación, xa sexa profesional como deportiva, en función das previsións sobre determinadas condicións meteorolóxicas.

 

5º.- Estudar a posibilidade de instalar nos pesqueiros de certa envergadura e en función do seu número de tripulantes, embarcacións de supervivencia/salvamento ríxidas, reguladas pola normativa, similares ás empregadas nos mercantes e nas que se poida abandonar o buque en condicións de sobrevivir no mar."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina