saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de maio de 2025

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de maio de 2025


4.3 22506(12/PNP-001817)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Grueira Fernández, Nicole e 9 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central e a proposta de resolución que se presenta en relación coa rebaixa do nivel de protección do lobo Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, 182f1, 02.04.2025

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

O Parlamento de Galicia acorda, como Resolución, manifestar o seu apoio á rebaixa do nivel de protección do lobo e, deste xeito, restablecer o equilibrio entre a preservación desta especie e as actividades gandeiras desenvolvidas no rural.

 

Asemade, insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que apoie ás ás comunidades autónomas no desenvolvemento das accións oportunas e que sexan precisas para a xestión do lobo e coas que defender os intereses dos gandeiros". 

 

 

4.4 22562(12/PNP-001829)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Lorenzo Gómez, Rubén e 9 máis

Sobre as accións que o Goberno galego debe pór en marcha en relación coa política que está a desenvolver a Unión Europea para a obtención de materias primas estratéxicas e, concretamente, co proxecto da mina de litio de Doade Publicación da iniciativa, 185f1, 09.04.2025

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1º- Recoñecer a importancia das materias primas fundamentais e das materias primas estratéxicas para reforzar a autonomía estratéxica e reducir a dependencia do exterior.

 

2º- Tramitar o proxecto da mina de Doade consonte á normativa actual, incluídas as esixencias do Regulamento europeo de materias críticas, e sen ningún menoscabo ambiental, de tal xeito que unicamente o proxecto poida ser aprobado se cumpre con toda a normativa, especialmente a medioambiental.

 

3º- Non posicionarse a favor ou en contra do proxecto da mina de Doade en tanto non haxa un pronunciamento dos técnicos competentes na materia". 

 

 

4.6 22960(12/PNP-001865)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Gómez Besteiro, José Ramón e 2 máis

Sobre a proposta de resolución que se presenta en relación co apoio ao uso da lingua galega no Parlamento Europeo Publicación da iniciativa con correccións, 188f1, 16.04.2025

 

O texto aprobado é o seguinte:​​​

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

 

1) Apoiar o uso do galego no Parlamento Europeo, e instar aos órganos con capacidade de decisión na materia á toma en consideración da habilitación do uso do galego no Parlamento Europeo.

 

2) Dar traslado aos grupos políticos representados no Parlamento Europeo deste posicionamento político en prol do uso do galego na Eurocámara.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina