Santalices eloxia o labor social de Ramón Gómez Crespo á fronte de Proxecto Home
Santiago, 10 de maio de 2025. - O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, gabou hoxe o gran labor social que levou a cabo Ramón Gómez Crespo durante os máis de trinta anos que estivo a fronte de Proxecto Home en Galicia. O xefe do Lexislativo participou na homenaxe que se celebrou no Concello de Parada de Sil, no que Gómez Crespo exerceu varios anos como sacerdote.
Na súa intervención, Santalices destacou a súa dedicación, entrega e compromiso, que permitiron influír de maneira decisiva e positivamente na vida das vítimas das drogas e das súas familias. Lembrou ademais a súa traxectoria profesional como impulsor de programas innovadores na sensibilización pública e na promoción de políticas inclusivas e efectivas no ámbito da saúde mental e a prevención de adiccións.
Saúdos, Gabinete de Comunicación