A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 20 de maio de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de maio de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Comparecencia |
25390 (12/CPP-000049) | |
Do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre as políticas da Xunta de Galicia en materia de prevención de enfermidades e vacinación | |
Punto 2. | Mocións |
2.1 | 25097 (12/MOC-000062) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Presas Bergantiños, Noa Olalla | |
Sobre a postura do Goberno galego verbo da posibilidade de superar o actual sistema de financiamento da comunidade, así como de negociar unha quitación da débeda (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 22890, publicada no BOPG núm. 185f2, do 9 de abril de 2025, e debatida na sesión plenaria do 6 de maio de 2025.) | |
2.2 | 25144 (12/MOC-000063) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández González, Ariadna | |
Sobre o modelo da atención prestada nos centros de menores e os seus recursos (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 22600, publicada no BOPG núm. 185f2, do 9 de abril de 2025, e debatida na sesión plenaria do 6 de maio de 2025.) | |
2.3 | 25280 (12/MOC-000064) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Dacosta, María del Carmen | |
Sobre a garantía de participación institucional dos axentes sociais no deseño das políticas de emprego en Galicia e o actual funcionamento do Consello Autonómico de Emprego e dos respectivos consellos provinciais e territoriais (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 22927, publicada no BOPG núm. 185f2, do 9 de abril de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 6 de maio de 2025.) | |
| |
Punto 3. | Proposicións non de lei |
3.1 | 16140 (12/PNP-001341) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis | |
Sobre as accións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia ao abeiro do Plan de normalización da lingua galega á vista dos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística referidos ao número de galegofalantes | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 139, do 15.01.2025 | |
3.2 | 20262 (12/PNP-001622) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos | |
Sobre as accións que a Xunta de Galicia debe impulsar no marco do desenvolvemento dun plan de infraestruturas verdes e de conectividade e restauración ecolóxicas | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162f1, do 26.02.2025 | |
3.3 | 21655 (12/PNP-001728) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena | |
Sobre a demanda á Xunta de Galicia de medidas preventivas en materia de dependencia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 175f1, do 19.03.2025 | |
3.4 | 22056 (12/PNP-001771) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis | |
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar á Mesa do Congreso dos Deputados co obxectivo de que permita o avance da tramitación da proposición de lei orgánica relativa á transferencia a Galicia da AP-9 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 179f1, do 26.03.2025 | |
3.5 | 22601 (12/PNP-001834) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis | |
Sobre a proposta de resolución que se presenta co fin de adoptar un acordo para fomentar unha alimentación sustentable, de proximidade e de calidade na compra pública alimentaria | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 182f1, do 02.04.2025 | |
3.6 | 22920 (12/PNP-001861) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Trenor López, Gonzalo e 8 máis | |
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa mellora dos servizos ferroviarios en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025 | |
Punto 4. | Interpelacións |
4.1 | 23959 (12/INT-000943) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Castro Rey, Paloma e 3 máis | |
Sobre as estratexias previstas polo Goberno galego para a defensa dos sectores produtivos de Galicia ante a nova política arancelaria de Estados Unidos | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 188f3, do 16.04.2025 | |
4.2 | 24272 (12/INT-000952) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e 4 máis | |
Sobre a política do Goberno galego en materia de investigación do medio mariño e a eventual creación dunha comisión que coordine o traballo dos diferentes centros de estudo nesta materia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 193f1, do 02.05.2025 | |
4.3 | 24427 (12/INT-000960) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Davila, María Cristina e Fernández González, Ariadna | |
Sobre o impulso e a elaboración consensuada por parte do Goberno galego dun plan de mellora educativa | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 193f1, do 02.05.2025 | |
Punto 5. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
5.1 | 25219 e c.e. 25408 (12/POPX-000043) |
Grupo Parlamentario Mixto | |
Ojea Bouzo, Armando | |
Sobre os compromisos que pensa asumir o Goberno galego cos emprendedores de orixe familiar ourensá residentes en México para impulsar o seu investimento en Galicia, singularmente na provincia de Ourense | |
5.2 | 25382 (12/POPX-000044) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén | |
Sobre a adopción por parte do Goberno galego das medidas que necesita a atención aos problemas do ámbito da saúde mental | |
Punto 6. | Preguntas ao Goberno
|
7.1 | 25362 (12/PUP-000110) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Castro Rey, Paloma | |
Sobre o tempo de presenza do presidente da Xunta de Galicia no Centro de Coordinación Operativa da Estrada (Cecopi) nas xornadas da caída xeral do sistema eléctrico do 28 e 29 de abril
| |
7.2 | 16694 (12/POP-002560) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Méndez López, Lara e 2 máis | |
Sobre a disposición da conselleira de Política Social e Igualdade a atender as peticións do alcalde de Foz relativas á xestión da residencia e centro de día desta localidade | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 144f1, do 24.01.2025
| |
7.3 | 18945 (12/POP-002925) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Alfonzo, Ramón Tomás e 2 máis | |
Sobre as demandas do persoal da residencia de maiores de Caranza, en Ferrol | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153f2, do 06.02.2025
| |
7.4 | 22873 (12/POP-003475) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Sanz Arias, Cristina e 8 máis | |
Sobre os beneficios fiscais acadados polos galegos en 2024 nos gravames que xestiona a Xunta de Galicia en relación coa adquisición de vehículos que tributan ao 3 por cento | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 185f2, do 09.04.2025
| |
7.5 | 24859 (12/PUP-000106) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis | |
Sobre o conflito que afecta a cooperativa de vivendas en alugueiro social de Xuxán, na Coruña
| |
7.6 | 25380 (12/PUP-000111) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Gómez, Alexandra | |
Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para garantir que as parcelas do Parque Ofimático da Coruña adxudicadas a Galivivienda sexan realmente vivendas de alugueiro social | |
7.7 | 16225 (12/POP-002404) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Abalde Alonso, Julio Ernesto e 2 máis | |
Sobre as estatísticas das cardiopatías na Área Sanitaria da Coruña e Cee e na de Ferrol | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 140f1, do 16.01.2025 | |
7.8 | 24692 (12/POP-003634) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Grueira Fernández, Nicole e 9 máis | |
Sobre as novidades que incorpora o novo Plan estratéxico de xuventude 2025-2027 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 195f1, do 07.05.2025 | |
7.9 | 24449 (12/POP-003603) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e 4 máis | |
Sobre as previsións da Consellería do Mar no que atinxe á realización dun estudo do impacto ambiental, económico e social da fábrica de Altri sobre o río Ulla e a ría de Arousa | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 193f1, do 02.05.2025 | |
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente