Santiago, 14 de maio de 2025.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, celebrou hoxe a creación da cátedra institucional Otero Pedrayo como un feito de xustiza histórica e recoñecemento ao legado artístico e intelectual do histórico galeguista.
Durante o acto de presentación da cátedra, na que participan a USC, o Parlamento e a Xunta de Galicia, o xefe do Lexislativo lembrou o paso de Otero Pedrayo polas aulas universitarias, e o fito que supuxo a súa derradeira lección, coa que devolveu o galego ás tribunas académicas. “Fixoo cun discurso para dignificar Galicia, a súa cultura e a súa lingua seculares", dixo.
Santalices referíuse a Otero como “un intelectual irrepetible na Galicia contemporánea que tanto lle debe", na preservación dos nosos sinais de identidade e a súa contribución ao deseño do marco democrático que propiciou a nosa autonomía política.
Na súa intervención durante o acto que se celebrou no Paraninfo da Universidade, lembrou ademais o seu maxisterio, “e o de tantos outros galeguistas", que sementaron o xermolo do galeguismo e continúan a “servir de inspiración para cantos temos a responsabilidade e nos esforzamos en avanzar na procura dunha Galicia mellor".
Saúdos, Gabinete de Comunicación