A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 15 de maio de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 17894 (12/PNC-001662)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego da adopción de medidas para promover o emprendemento cooperativo
BOPG n.º 147f2, do 29.01.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Seguir establecendo medidas para xerar, desde a administración autonómica, ferramentas que faciliten o emprendemento cooperativo.
2.- Difundir a través de campañas a fórmula do cooperativismo como unha forma de autoemprego e divulgar entre os máis novos as vantaxes deste tipo de emprendemento."