A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 23 de maio de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 24097 (12/PNC-002216)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Carrera, María Felisa e 7 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que poña en marcha o antes posible o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030
BOPG n.º 192f1, do 30.04.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 8 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a poñer en marcha, o antes posible, o Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 co fin de abordar os principais desafíos aos que se enfronta o sector, en coordinación coas administracións e da man do sector."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 6874 (12/PNC-000808)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central no que atinxe ás diferenzas de calidade da subministración da enerxía eléctrica segundo a tipoloxía dos espazos xeográficos
BOPG n.º 52, do 23.07.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que demande do goberno de España:
-A modificación do sistema de medida da calidade do servizo do subministración de electricidade que recolla as seguintes premisas:
1. Valorar os investimentos que suporían a redución do temo mínimo para que un corte sexa considerado interrupción dos 3 minutos actuais a un valor inferior, co obxectivo de chegar ao nivel do microcorte, de xeito progresivo, na medida que o permita a tecnoloxía dispoñible.
2. Reducir o tempo mínimo para que un corte sexa considerado interrupción dos 3 minutos actuais a un valor inferior en base á valoración económica previa, de tal xeito que non supoña un incremento substancial das peaxes e recargos dos sistema eléctrico.
3. Ir diminuíndo paulatinamente as diferencias entre zonas, de tal xeito que se garanta unha subministración eléctrica de calidade en todo o territorio.
4. Establecer criterios de calidade trimestrais e anuais.
5. Deseñar sancións ás empresas distribuidoras que incumpran os criterios de calidade zonal e individual de xeito que se poidan liquidar nun prazo máximo de tres meses dende que se produzan os cortes de carácter mensual, e no primeiro trimestre do ano móbil seguinte, tomando como referencia a sinatura de contrato de acceso.
-Actualizar automaticamente as indemnizacións a indicadores económicos vixentes ou segundo o prezo medio da enerxía nas facturas de electricidade."