saltar ao contido

O Parlamento de Galicia celebra unha xornada no marco da Campaña Mundial pola Educación

O Parlamento de Galicia celebra unha xornada  no marco da Campaña Mundial pola Educación

 ​

  • Participaron 73 alumnos e alumnas de varios centros educativos galegos

 

Santiago, 23 de maio de 2025.- O Parlamento de Galicia recibiu esta mañá o alumnado participante na xornada infantoxuvenil organizada coa colaboración da coalición española da Campaña Mundial pola Educación. Contou cun total de 73 alumnos e alumnas de catro colexios: o Colexio San José de la Guía (Vigo); o CPI Virxe da Cela (Monfero, A Coruña); o CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña); e o Colexio FEC San José (Lugo).

O acto, celebrado este mediodía na Sala do Rexurdimento, enmárcase nas actividades da Semana da Acción Mundial pola Educación e foi presidido pola vicepresidenta 1ª do Parlamento de Galicia, María Elena Candia López.

Os alumnos e as alumnas que interviñeron expuxeron as reflexións a que chegaron en cada un dos centros educativos en prol da educación en emerxencias, o lema deste ano.

 

Participantes

Nesta xornada participaron tamén o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a representante da Campaña Mundial pola Educación, Lorena Boga; e os representantes dos grupos parlamentarios Julio Abalde (PSdeG-PSOE), María Cristina Fernández (BNG) e Cecilia Vázquez (PP). 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina