saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 5 de xuño do 2025

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 5 de xuño de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 25131 (12/PNC-002312)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis

Sobre as actuacións que o Goberno galego debe levar a cabo neste ano 2025 no eido do apoderamento e da participación activa das mulleres do rural e do mar

BOPG n.º 197f1, do 14.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que:

 

1.- Ao longo do ano 2025 se poña en marcha o Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar, cunha sección do Mar e outra do Rural.

 

2.- Se axilice a creación dos Estatutos das mulleres do rural e do sector Marítimo-pesqueiro abrindo este mesmo ano o proceso de diálogo coas entidades representativas en ámbolos dous Eidos."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 14075 (12/PNC-001377)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de lle reclamar máis fondos destinados ao financiamento dos centros especiais de emprego

BOPG n.º 115f2, do 13.11.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para reclamarlle máis fondos destinados ao financiamento dos centros especiais de emprego e, así, poder sufragar os custos derivados destes, xa que as axudas se ven reducidas polo  aumento do Salario Mínimo Interprofesional."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina