saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 17 de xuño de 2025

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 17 de xuño de 2025, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 22883 (12/PNC-002154)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fidalgo Iglesias, Miguel e sete deputados/as máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central no que concirne ao desenvolvemento do Real decreto 1044/2022, do 27 de decembro, de ordenación da frota pesqueira

BOPG nº 185f1, do 09.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:

 

― Facilitar a cesión de parte da potencia dispoñible para adecuación de potencia e cambios de motor dos buques de pesca inscritos no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira, de acordo cos principios recollidos no artigo 17 do Real decreto 1044/2022, do 27 de decembro, de ordenación da frota pesqueira, publicando unha orde ministerial que estableza mecanismos de transparencia na cesión de potencia dispoñible, asegurando que a distribución se realice con criterios de equidade e necesidade e establecendo liñas de financiamento e axudas específicas, como subvencións directas ou liñas de crédito con xuros reducidos.

 

― Modificar o Real decreto 1044/2022, do 27 de decembro, de ordenación da frota pesqueira, co obxectivo de flexibilizar o aproveitamento da potencia proveniente de paralizacións definitivas de embarcacións de pesca rexistradas no rexistro Xeral da Frota Pesqueira, de forma que se permita utilizar aquela entre buques do mesmo caladoiro, especialmente no caso do Caladoiro Nacional, augas NEAFC e palangre de superficie en augas internacionais.»

 

 

- 25405 (12/PNC-002343)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fidalgo Iglesias, Miguel e oito deputados/as máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación coas compensacións económicas aos mariscadores da ría do Burgo pola parada da actividade durante os traballos de dragaxe

BOPG nº 200f1, do 20.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para exixir que cumpra coas compensacións económicas correspondentes ao parón da actividade extractiva dos mariscadores da ría do Burgo, ata que os bivalvos acaden o tamaño comercial, tal e como establece o propio proxecto, unha vez finalizada a dragaxe da ría do Burgo.»​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina