saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do 24 de xuño de 2025

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 24 de xuño de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 17 de xuño de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Elección da persoa titular da Dirección Xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, segunda votación (doc. núm. 24866, 12/DXCA-000001)
 Publicación, BOPG n.º 199, do 19.05.2025
 

Publicación, BOPG n.º 205, do 02.06.2025

 

Punto 2.

 

 

Texto lexislativo

 

Toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, orgánica de reforma da Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de Autonomía para Galicia, de implantación do sistema de concerto económico para garantir o financiamento das competencias e servizos públicos básicos de Galicia (doc. núm. 20918, 12/REST-000001)

 Publicación da admisión a trámite, BOPG n.º 169, do 07.03.2025
  
Punto 3.Comparecencia
  
3.127478 (12/CPP-000053)
 Da conselleira do Medio Rural, por petición propia, para informar sobre as oportunidades e vantaxes que ofrece o medio rural
  
Punto 4.Mocións
  
4.127337 (12/MOC-000068)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández González, Ariadna
 Sobre a demanda de prazas en escolas infantís públicas de 0 a 3 anos e a regulación do acceso a elas (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 24314, publicada no BOPG núm. 193f1, do 2 de maio de 2025, e debatida na sesión plenaria do 10 de xuño de 2025)
  
4.227402 (12/MOC-000069)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa Olalla
 Sobre a evolución da violencia machista e a valoración dos últimos datos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (Moción consecuencia da interpelación doc. núm. 25091, publicada no BOPG núm. 197f2, do 14 de maio de 2025, e debatida na sesión plenaria do 10 de xuño de 2025)
  
4.327403 (12/MOC-000070)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen
 Sobre as políticas de xestión forestal e de prevención e loita contra os incendios (Moción consecuencia da interpelación doc. núm. 24261, publicada no BOPG núm. 193f1, do 2 de maio de 2025, e debatida na sesión plenaria do 10 de xuño de 2025)
  
Punto 5.Proposicións non de lei
  
5.124126 (12/PNP-001909)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pérez López, Noelia e 8 máis
 Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que reclame a transferencia das competencias en materia de permisos de residencia e de traballo para migrantes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 192f1, do 30.04.2025
  
5.225541 (12/PNP-002033)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia
 Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que elabore un novo plan de saúde mental
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 200f1, do 20.05.2025
  
5.326454 (12/PNP-002124)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Méndez López, Lara e 2 máis
 Sobre a demanda ao Goberno galego da recuperación da Área Sanitaria da Mariña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206f1, do 04.06.2025
  
5.426615 (12/PNP-002140)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 García Comesaña, Julio e 13 máis
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe realizar ao Goberno de España en relación coa protección ambiental e posta en valor do río Miño no seu treito internacional
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 206f1, do 04.06.2025
  
5.526783 (12/PNP-002153)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Taibo Corsanego, Iria e Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
 Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co fin de que pida desculpas pola organización dunha recepción ao representante da embaixada de Israel tendo en conta a situación en Palestina
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 208f1, do 11.06.2025
  
5.626904 (12/PNP-002164)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria e Fernández Davila, María Cristina
 Sobre as actuacións que debe impulsar o Goberno galego co obxectivo de avanzar na igualdade de trato do colectivo LGTBI nos centros de ensino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 208f1, do 11.06.2025
  
Punto 6.Interpelacións
  
6.121722 (12/INT-000872)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e Fernández González, Ariadna
 Sobre o modelo de financiamento do Servizo de Axuda no Fogar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 175f1, do 19.03.2025
  
6.226011 (12/INT-001008)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e Carreira Pazos, Iria
 Sobre a planificación que está a desenvolver o Sergas para manter a calidade da atención sanitaria no verán
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203f2, do 28.05.2025
  
6.326145 (12/INT-001018)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre a avaliación das políticas de impulso demográfico que desenvolve o Goberno galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203f2, do 28.05.2025
  
Punto 7.Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
  
7.127517 (12/POPX-000047)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre a eficacia da política do Goberno galego para abordar as necesidades reais das galegas e dos galegos
  
7.227518 (12/POPX-000048)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre o grao de contundencia do Goberno galego ante o problema da violencia machista
  
Punto 8.

Preguntas ao Goberno

 

8.127492 (12/PUP-000122)
 

Grupo Parlamentario Mixto

Ojea Bouzo, Armando

 

Sobre as previsións da Xunta de Galicia ante a supresión de frecuencias nos servizos ferroviarios da estación da Gudiña-Porta de Galicia

 

8.226599 (12/POP-003930)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 García Comesaña, Julio e 8 máis
 Sobre a decisión unilateral do reitorado da Universidade da Coruña de crear un novo grao en Medicina e romper o acordo de 2015 respecto do modelo de formación médica na nosa comunidade
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206f2, do 04.06.2025

 

8.327494 (12/PUP-000123)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Davila, María Cristina
 Sobre as instrucións da Consellería de Educación para o curso académico 2025-2026 en relación co control da natureza das actividades organizadas polos departamentos e o profesorado nos centros de ensino

 

8.4

 

16825 (12/POP-002595)

 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e 2 máis
 Sobre o eventual desenvolvemento, en colaboración coa Fegamp, dunha estratexia para estender os centros de información á muller (CIM) a todo o territorio galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 144f1, do 24.01.2025
  
8.523894 (12/POP-003533)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Grueira Fernández, Nicole e 8 máis
 Sobre os avances acadados a prol dos dereitos das persoas LGTBI
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 188f3, do 16.04.2025

 

8.6

 

16949 (12/POP-002647)

 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Iglesias Rey, Patricia e 2 máis
 Sobre as previsións que ten o Goberno galego no que atinxe ao remate da autovía da Costa da Morte
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 144f2, do 24.01.2025
  
8.719153 (12/POP-002959)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Deza Martínez, María e 8 máis
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia da política de vivenda que está a desenvolver o Goberno de España
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 156f4, do 12.02.2025
  
8.822341 (12/POP-003393)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Castro García, Daniel e 2 máis
 Sobre a situación da sanidade pública na comarca da Mariña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182f2, do 02.04.2025
  
8.926310 (12/POP-003853)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Fernández, Secundino e 2 máis
 Sobre o problema derivado da sentenza xudicial que anula case sete mil carnés de manipulador de produtos fitosanitarios
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206f2, do 04.06.2025
  

 

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina