saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 18 de xuño de 2025

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 18 de xuño de 2025, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 23913 (12/PNC-002197)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e oito deputados/as máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central respecto das súas últimas decisións relativas ás unidades xudiciais especializadas en violencia sobre a muller que se crearon en Galicia

BOPG nº 188f1, do 16.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España:

 

1. Rectificar a proposta de real decreto e crear novas seccións de violencia sobre a muller na Coruña e mais en Vigo sen derivarse dunha conversión dunha sección de instrución.

 

2. Acompañar con recursos económicos a creación das novas unidades de violencia de xénero en Santiago e Ourense, pola agrupación de partidos xudiciais.»

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 24649 (12/PNC-002267)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e quince deputados/as máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que convoque a Comisión Mixta de Transferencias e traspase os recursos necesarios para asumir a xestión dos aeródromos e dos heliportos galegos sen cualificación de interese xeral do Estado

BOPG nº 195f1, do 07.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para consensuar a traspaso dos recursos humanos, materiais e económicos precisos para asumir a xestión dos aeródromos e dos heliportos galegos que non teñan a cualificación de interese xeral do Estado.»​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina