saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 18 de xuño de 2025

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 18 de xuño de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

- 26276 (12/PNC-002449)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fernández Rosende, Jesús María e 9 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central respecto da regulación dun sistema de protección ao consumidor ante moitas das prácticas que desenvolven as compañías provedoras de servizos

BOPG n.º 206f1, do 04.06.2025

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que regule un sistema de protección ao consumidor baseado na incorporación de novas prácticas comerciais nos seguintes ámbitos:​

1.- A obriga de todas as compañías de servizos de comunicar aos seus clientes e, no seu caso, aplicar por defecto, as tarifas vixentes mais baixas polos servizos xa contratados ou que contraten sen necesidade de solicitude previa en ámbitos tan variados como a telefonía, seguros, electricidade, gas, ... etc..

2.- Un procedemento de baixa dos servizos como mínimo tan áxil como o previsto para as altas, sen dilacións e atrancos indebidos que van en contra dos dereitos das persoas consumidoras.

3.- No eido da contratación electrónica, estableza un réxime de responsabilidade pola información que ofrecen ás persoas consumidoras cando operan a través de intermediarios e non se corresponde co prezo final ou co contido e características do servizo ofertado.

4.- No ámbito específico dos seguros, reforce a obriga de información cara os seus clientes, respecto da comunicación anticipada das variacións que se vaian a producir nas primas e os motivos que xustifican os incrementos, así como unha maior flexibilidade para definir o alcance das coberturas, e prescindir así de prestacións innecesarias cando non son obrigatorias."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 25989 (12/PNC-002403)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Iglesias Rey, Patricia e Méndez López, Lara

Sobre a demanda á Xunta de Galicia da construción dunha variante viaria para conectar o polígono empresarial de Cee co porto de Brens

BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a construír unha variante viaria que conecte directamente o polígono empresarial de Cee co porto de Brens, que eliminaría o tráfico pesado polo centro do pobo e incidiría na mellora da seguridade viaria nos accesos a Cee."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina