A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 10 de xullo de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en comisión
Aprobación sen modificacións
- 26618 (12/PNC-002498)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e oito deputados/as máis
Sobre a demanda ao Goberno galego de medidas dirixidas a activar as políticas de captación de talento co fin de afrontar os desafíos actuais do mercado laboral
BOPG nº 208f1, do 11.06.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 8 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia á activación de toda actuación que favoreza a captación de talento co fin último de facer fronte aos desafíos do mercado laboral, buscando acadar un mercado de traballo dinámico e inclusivo e apostando polo crecemento económico intelixente.».
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 27295 (12/PNC-002571)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e oito deputados/as máis
Sobre a solicitude que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno de España para que aboe a débeda contraída pola asistencia sanitaria do Sergas aos internos dos penais de Galicia
BOPG nº 211f1, do 18.06.2025
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para solicitarlle o aboamento da débeda contraída no que corresponde ás prestacións de asistencia sanitaria dadas polo Servizo Galego de Saúde aos internos dos centros penitenciarios situados en Galicia.
Ademais, insta o Goberno galego a iniciar todas as actuacións precisas para a integración plena do servizo sanitario penitenciario no Sergas, dando cumprimento tanto aos acordos parlamentarios existentes ao respecto como tamén á lexislación vixente, e sempre e cando a transferencia veña acompañada dos medios humanos (cobertura de vacantes), económicos e materiais necesarios; así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co Sergas.»