saltar ao contido

O Parlamento recibe o título extraordinario de Excelencia Galega da Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña

O Parlamento recibe o título extraordinario de Excelencia Galega da Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña

 

  • Santalices recolleu a distinción que recoñece o traballo desenvolvido no Lexislativo galego

 

Santiago, 11 de xullo de 2025. O presidente da Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices Vieira, recolleu esta tarde o título extraordinario de Excelencia Galega outorgado ao Parlamento de Galicia pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña en recoñecemento ao esforzo e traballo que nel se realiza.

 

Á cerimonia de entrega tamén asistiron a vicepresidenta primeira da Mesa do Parlamento, Elena Candia; a vicepresidenta segunda, María Montserrat Prado; e a vicesecretaria, Patricia Iglesias.

 

Os títulos de Excelencia Galega, que este ano celebraron a súa 20ª edición, destacan a traxectoria persoal e profesional de galegos e galegas de diversos ámbitos que axudan ao desenvolvemento e ao coñecemento de Galicia no exterior. Ademais do título extraordinario, existen as categorías de ciencia e medicina, deportes ex aequo, artes, comunicación, finanzas e empresa.

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina