saltar ao contido

Convocatoria reunión da Deputación Permanente do 29 de agosto de 2025

A Presidencia, á vista da solicitude formulada polo G.P. do Bloque Nacionalista Galego, doc. núm. 32027, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 29 de agosto de 2025, ás 12:30 horas, coa seguinte orde do día:

Punto único. Solicitude de convocatoria urxente da Deputación Permanente


- Escrito das oito deputadas e deputados do G. P. do Bloque Nacionalista Galego membros da Deputación Permanente, no que se solicita a convocatoria urxente dunha reunión da Deputación Permanente para a convocatoria dun pleno extraordinario monográfico onde compareza opresidente da Xunta de Galicia en relación coa vaga de lumes que se están producindo no mes de agosto de 2025 (doc. 32027, 12/SCDP-000002).


O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2025
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina