Santalices despide no Parlamento ao Fiscal Superior de Galicia
Santiago, 18 de setembro de 2025.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara ao Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, con motivo da súa xubilación.
Santalices felicitou ao fiscal polo seu labor ao frente da Fiscalía Superior de Galicia durante 10 anos e trasladoulle os seus mellores desexos para a nova etapa que se dispón a comezar.