saltar ao contido

Santalices lembra a participación de Francisco Puy no xerme do Estatuto de Autonomía



Santalices lembra a participación de Francisco Puy no xerme do Estatuto de Autonomía


O presidente do Parlamento asistiu na homenaxe ao catedrático de Filosofía do Dereito da USC


Santiago, 19 de setembro de 2025.- O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou esta mañá no acto de homenaxe ao profesor de universidade Francisco Puy Muñoz a súa participación, como secretario, na Comisión redactora do anteproxecto do Estatuto de Autonomía, “xerme estatutario que nos levou despois a acadar o grao de autogoberno do que disfrutamos na actualidade”.

O xefe do Lexislativo autonómico lembrou que Puy Muñoz non só formou parte da chamada “Comisión dos 16”, á que o Parlamento lle concedeu a súa Medalla no ano 2017, senón que tamén participou na redacción do primeiro anteproxecto de estatutos do Panteón de Galegos e Galegas Ilustres en 1974, xunto con Carballo Calero, Remuñán Ferro e Sixto Seco. Este último feito culminou este ano coa constitución da súa Fundación “como símbolo de concordia e froito dun amplo acordo social e político”.

Na súa intervención, Santalices agradeceulle a Milagros Otero, autora do libro homenaxe no que se glosa a traxectoria de Puy Muñoz,  a oportunidade de poñer en valor a pegada que deixou profesor de universidade entre discípulos e amizades.


Saúdos, Gabinete de Comunicación




Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina