saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 25 de setembro de 2025

A  Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 25 de setembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 30358 (12/PNC-002735)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pazos Couñago, José Alberto e 9 máis

Sobre o criterio que debe adoptar o Goberno galego e as demandas que debe dirixir ao Goberno de España respecto do novo modelo de financiamento acordado entre o Goberno central e o Goberno autonómico de Cataluña

BOPG n.º 239f1, do 21.08.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 6 votos en contra e 1 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a rexeitar o acordo bilateral  do Goberno de España co Goberno autonómico de Cataluña, pactado ao marxe do Consello de Política Fiscal e Financeira, e que condiciona de inicio calquera sistema de financiación das comunidades autónomas de réxime xeral.

 

Asemade, a Xunta de Galicia dirixirase a Goberno de España co obxecto de:

 

1º. Reafirmar o compromiso co principio de igualdade recollido na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía de Galicia, garantindo que ningunha iniciativa lexislativa ou negociación bilateral incorpore disposicións que favorezan a unha comunidade autónoma sobre outras.

 

2º. Impulsar un diálogo construtivo e multilateral, no seo do Consello de Política Fiscal e Financeira para abordar, entre todas as comunidades, a reforma do sistema de financiamento autonómico, buscando unha repartición equitativa e xusta dos recursos, que preserve a autonomía fiscal, a solidariedade e o equilibrio interterritorial e que garanta que todos os cidadáns accedan en condicións de igualdade aos servizos públicos con independencia do territorio no que residan.

 

3º. Revisar e, no seu caso, modificar calquera proxecto de lei que conteña cláusulas que poidan ser interpretadas como discriminatorias ou que atenten contra a igualdade entre todos os cidadáns, independentemente de onde residan, asegurando que todas as iniciativas lexislativas respecten os principios constitucionais de unidade, igualdade e solidariedade.

 

4º- Fomentar a transparencia e participación de todas as comunidades autónomas nos procesos lexislativos que afecten o marco competencial autonómico, asegurando que os seus intereses se articulen de maneira equitativa e desde o máximo respecto ás súas institucións e autogoberno."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina