saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 26 de setembro de 2025

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 26 de setembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 8461 (12/PNC-000875)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de incentivar a promoción de produtos de proximidade nos mercados locais dos concellos galegos mediante apoios e subvencións específicas dirixidas a esta finalidade

BOPG n.º 68, do 21.08.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incentivar a promoción de produtos de proximidade nos mercados locais dos concellos galegos mediante apoios e subvencións específicas dirixidas a esta finalidade."

 

 

- 31217 (12/PNC-002779)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que este facilite a promoción do viño galego en terceiros países

BOPG n.º 244, do 28.08.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que promova as actuacións necesarias para suavizar os requisitos e a tramitación das axudas da medida da intervención sectorial do viño na liña de promoción do viño en terceiros países."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 32562 (12/PNC-002832)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pérez Fernández, Rosana e 2 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para rematar en 2025 as obras da base BUO de Rianxo e poñela en funcionamento

BOPG n.º 248f1, do 04.09.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a rematar as obras da base de unidade operativa dos equipos de extinción (BUO) de Rianxo e a poñela en funcionamento antes do remate do presente ano 2025."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina