saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 26 de setembro de 2025

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 26 de setembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 22521 (12/PNC-002116)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 9 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central para que permita a participación con voz e voto das comunidades autónomas na Conferencia Mundial sobre Políticas Culturais e Desenvolvemento Sustentable 2025

BOPG n.º 185f1, do 09.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que reconsidere a participación das comunidades autónomas na Conferencia Mundial sobre Políticas Culturais e Desenvolvemento Sustentable (Mondiacult) 2025, outorgándolles a posibilidade de participar activamente con dereito a voz e voto".

 

- 27075 (12/PNC-002540)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia respecto das liñas de actuación para favorecer a inclusión e o desenvolvemento educativo do alumnado de etnia xitana

BOPG n.º 211f1, do 18.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.​

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento  de Galicia  insta  á Xunta  de Galicia  a seguir  reforzando  as liñas  de actuación dirixidas a favorecer o desenvolvemento educativo e persoal do alumnado de etnia xitana, promovendo a súa inclusión e loitando contra os prexuízos e estereotipos que aínda poidan existir".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina