saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 30 de setembro do 2025

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 30 de setembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación con modificacións

 

- 27334 (12/PNC-002578)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe realizar ao Goberno central referidas ao traballo conxunto entre o Estado e as comunidades autónomas no que atinxe á política de vivenda

BOPG n.º 211f1, do 18.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 6 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a esixirlle ao Goberno de España:

 

1. Que calquera medida ou iniciativa en materia de vivenda, nomeadamente o Plan de Vivenda 2026-2023, sexa previamente consensuada e dialogada coas comunidades autónomas, garantindo o respecto ao principio de lealdade institucional e ás competencias exclusivas ou compartidas recollidas no marco constitucional e estatutario.

 

2.- Que atenda de forma efectiva as peticións, propostas e necesidades expostas polas comunidades autónomas en materia de vivenda e, particularmente, as formuladas pola Xunta de Galicia, garantindo un tratamento equitativo, transparente e estable.

 

3.- Que respecte, como máximo órgano de cooperación entre o Estado e as comunidades autónomas que é, a Conferencia Sectorial de Vivenda, convocada para o próximo 2 de outubro, para facer efectiva a participación das comunidades autónomas na definición do interese xeral, o apoio á unidade de acción e o respecto ao autogoberno e a diversidade nas políticas públicas de vivenda."

 

 

- 33167 (12/PNC-002869)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Ríos Santomé, Paulo e Bará Torres, Xosé Luís

Sobre a demanda ao Goberno galego do impulso dun proceso de cooperación entre as distintas administracións para articular un sistema aeroportuario que mellore os seus servizos e desenvolva as tres terminais

BOPG n.º 252f1, do 10.09.2025

 

Sométese a votación separada por puntos:

 

Punto 1: resulta rexeitado por 8 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións

 

Puntos 2 e 3: resultan aprobados por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións:

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:

 

1. Instar ao Goberno do Estado a iniciar negociacións urxentes coa empresa RYANAIR para que desista das medias anunciadas e elimine o ERE proposto, e asimesmo manteña o seu nivel de operacións actual nos aeroportos de Santiago de Compostela e Vigo e así evitar o isolamento aéreo da Galiza.

 

2. Demandar do Goberno do Estado, e coa mesma finalidade, a intervención conxunta e urxente do Ministerio de Transportes e do Ministerio de Traballo, e no entanto, que se realicen en Santiago de Compostela e non en Madrid as negociacións do ERE anunciado pola empresa."​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina