A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 14 de outubro de 2025 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 7 de outubro de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Textos Lexislativos |
1.1 | Debate de totalidade do Proxecto de lei do Clima de Galicia (doc. núm. 33923, 12/PL-000009) |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 256f1, do 17.09.2025 | |
1.2 | Debate de totalidade do Proxecto de lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das conductas adictivas (doc. núm. 33820, 12/PL-000008) |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 256f1, do 17.09.2025 | |
Punto 2. | Comparecencia |
2.1 | 35675 (12/CPP-000067) |
Da conselleira do Mar, por petición propia, para informar sobre a avaliación das políticas pesqueiras europeas | |
Punto 3. | Mocións |
3.1 | 34809 (12/MOC-000080) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Longueira Castro, Silvia | |
Sobre as medidas para mellorar a situación do servizo de axuda no fogar en Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 30398, publicada no BOPG 238f2, do 20 de agosto de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 23 de setembro de 2025) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025 | |
3.2 | 34901 (12/MOC-000081) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Queixas Zas, Mercedes | |
Sobre a eficacia do modelo educativo que impulsa a Xunta de Galicia para cumprir os obxectivos da normalización lingüística (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 26186, publicada no BOPG 203f2, do 28 de maio de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 23 de setembro de 2025) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025 | |
3.3 | 34902 (12/MOC-000082) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Prado Cores, María Montserrat | |
Sobre a planificación por parte da Xunta de Galicia da cobertura sanitaria durante os veráns, nomeadamente a referida ao verán de 2025 (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 32986, publicada no BOPG 252f2, do 10 de setembro de 2025, e debatida na sesión plenaria do día 23 de setembro de 2025) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025 | |
Punto 4. | Proposicións non de lei |
4.1 | 33801 (12/PNP-002490) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Méndez López, Lara e 2 máis | |
Sobre as accións que debe impulsar o Goberno galego respecto da tramitación dunha nova lei de Administración local de Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 256f1, do 17.09.2025 | |
4.2 | 34420 (12/PNP-002535) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis | |
Sobre os obxectivos e as liñas de actuación que a Xunta de Galicia debe ter en conta para configurar un plan integral de protección, restauración, reconstrución e reactivación das zonas afectadas pola vaga de lumes forestais de agosto de 2025 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025 | |
4.3 | 34660 (12/PNP-002550) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Iglesias Rey, Patricia e Méndez López, Lara | |
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para garantir unha avaliación rigorosa dos requisitos medioambientais, económicos e sociais dos plans industriais estratéxicos (PIE) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025 | |
4.4 | 34728 (12/PNP-002557) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Arias Rodríguez, Raquel e 14 máis | |
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación cos fallos rexistrados no uso das pulseiras telemáticas para a protección das vítimas de violencia de xénero | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025 | |
4.5 | 34810 (12/PNP-002568) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Prado del Río, Paula e 10 máis | |
Sobre a proposta de resolución que se presenta en defensa das iniciativas que impulse a Xunta de Galicia fronte aos recursos de inconstitucionalidade interpostos polo Goberno central contra o plan de axilización da dependencia e a repotenciación eólica | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025 | |
4.6 | 35078 (12/PNP-002592) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis | |
Sobre as accións que debe pór en marcha o Goberno galego en relación coa propiedade e cos usos do pazo de Montesacro, sito en Cambados | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025 | |
Punto 5. | Interpelacións |
5.1 | 14110 (12/INT-000622) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Rodil Fernández, Olalla e Fernández González, Ariadna | |
Sobre o modelo de coidados para as persoas maiores e a modificación da normativa que regula as ratios de usuarios por cada profesional de atención directa nos centros residenciais | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115f2, do 13.11.2024 | |
5.2 | 33985 (12/INT-001227) |
Grupo Parlamentario Mixto | |
Ojea Bouzo, Armando | |
Sobre a política que está a desenvolver a Xunta de Galicia en materia de atención sanitaria ás persoas maiores, singularmente nas provincias máis envellecidas | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260f2, do 25.09.2025 | |
5.3 | 34697 (12/INT-001261) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Presas Bergantiños, Noa Olalla e Rodil Fernández, Olalla | |
Sobre a orientación e a xestión das políticas do Goberno galego en materia de atención ás vítimas de violencia sexual | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f2, do 01.10.2025 | |
Punto 6. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
6.1 | 35754 (12/POPX-000055) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Gómez Besteiro, José Ramón | |
Sobre as políticas que prevé desenvolver o Goberno galego para afrontar as situacións de desigualdade en Galicia | |
6.2 | 35755 (12/POPX-000056) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén | |
Sobre as razóns de que a Xunta de Galicia non detectase a situación en que estaba a vivenda comunitaria Jardín, residencia de maiores localizada en Amoeiro | |
Punto 7. | Preguntas ao Goberno
|
7.1 | 34837 (12/PUP-000144) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Prado del Río, Paula e 6 máis | |
Sobre o anuncio do Goberno de España referido á presentación dun recurso de inconstitucionalidade contra a normativa galega que regula o plan de axilización da dependencia e da discapacidade ou a repotenciación dos parques eólicos | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f2, do 01.10.2025
| |
7.2 | 35744 (12/PUP-000150) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Taibo Corsanego, Iria | |
Sobre a postura do Goberno galego en relación coa intervención do Estado de Israel en Gaza
| |
7.3 | 29308 (12/POP-004371) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis | |
Sobre a situación e as perspectivas da Formación Profesional en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 228, do 05.08.2025
| |
7.4 | 33478 (12/POP-004830) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis | |
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto das medidas destinadas á mellora da atención educativa ao alumnado, especialmente daquelas que posibiliten atender a diversidade dentro das aulas | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 252f2, do 10.09.2025
| |
7.5 | 29025 (12/POP-004264) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis | |
Sobre a valoración que fai o Goberno galego do ditame motivado da Comisión Europea no que advirte da ilegalidade da prórroga da concesión da AP-9 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 227, do 04.08.2025 | |
7.6 | 32923 (12/POP-004775) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e Prado Cores, María Montserrat | |
Sobre a situación do Centro de Saúde de Ribeira canto á súa dotación de persoal facultativo | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 252f2, do 10.09.2025 | |
7.7 | 34351 (12/POP-004957) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena | |
Sobre as previsións da Consellería de Sanidade en relación co remate das obras do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260f2, do 25.09.2025
| |
7.8 | 35743 (12/PUP-000149) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Castro Rey, Paloma | |
Sobre a postura do Goberno galego en relación coas políticas relativas á interrupción voluntaria do embarazo
| |
7.9 | 34786 (12/POP-005015) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Castro Rey, Paloma e 2 máis | |
Sobre as previsións da Xunta de Galicia verbo da posibilidade de exercer o dereito de tanteo e retracto sobre o pazo de Montesacro, en Cambados, para incorporalo á tutela pública como parte do patrimonio histórico galego | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f2, do 01.10.2025 |
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025