A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 9 de outubro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 11038 (12/PNC-001042)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxectivo de que impulse a elaboración dunha nova plataforma de tramitación electrónica dos partes de accidentes de traballo
BOPG n.º 88f1, do 20.09.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España para que elabore unha nova plataforma de tramitación electrónica dos partes de accidentes de traballo que permita unha adecuada recollida e tratamento dos datos contidos nos partes de accidentes de traballo (substituíndo á actual Delt@)".