saltar ao contido

Saleta Chao Rivas toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

Saleta Chao Rivas toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

 

 

 

Santiago, 14 de outubro de 2025. O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Saleta Chao Rivas como deputada do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego. A nova deputada da circunscrición da Coruña substitúe no seu escano a Daniel Pérez López.

 

Saleta Chao Rivas (Cuntis, 1990) é graduada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomada mestra na especialidade de Educación Infantil. Conta tamén cun mestrado en Política Educativa pola University of Roehampton.

 

Desempeñou a súa función como pedagoga social, con experiencia no terceiro sector e na administración local en Londres durante seis anos. Na súa volta a Galicia, exerceu como educadora familiar.

 

No eido político, foi asesora no Gabinete da Alcaldía de Santiago de Compostela entre 2023 e 2025.

 

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina