A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de outubro de 2025, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de outubro de 2025, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Texto Lexislativo
Toma en consideración da Proposición de lei orgánica, para presentar perante o Congreso dos Deputados, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña (doc. núm. 24024, 12/PPLC-000005) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 189f2, do 21.04.2025 | |
Punto 2. | Comparecencia |
2.1 | 36573 (12/CPP-000069) |
Do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, por petición propia, para informar das accións que está a desenvolver esta consellaría na procura de reter e sumar talento cara á cobertura de postos vacantes no eido laboral | |
Punto 3. | Mocións |
3.1 | Incluiranse, se é o caso, as presentadas e admitidas a trámite por Resolución da Presidencia da Cámara. |
Punto 4. | Proposicións non de lei |
4.1 | 415 (12/PNP-000004) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Pazos Couñago, José Alberto e 8 máis | |
Sobre a proposta de resolución que se presenta en relación coa situación política e social no actual réxime de Nicolás Maduro en Venezuela | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 6, do 05.04.2024 | |
4.2 | 24981 (12/PNP-001982) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 2 máis | |
Sobre as accións que debe levar a cabo o Goberno galego relativas ao aumento da planta xudicial en Galicia, particularmente en materia de violencia sobre a muller, e ao incremento dos cadros de persoal no ámbito da xustiza | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 197f1, do 14.05.2025 | |
4.3 | 32641 (12/PNP-002414) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Trenor López, Gonzalo e 8 máis | |
Sobre a demanda que debe dirixir a Xunta de Galicia ao Goberno de España en relación coa situación dos servizos ferroviarios en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247f3, do 03.09.2025 | |
4.4 | 33457 (12/PNP-002458) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis | |
Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe adoptar co obxectivo de mellorar a situación profesional e laboral do profesorado dos centros públicos de ensino | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 252f1, do 10.09.2025 | |
4.5 | 34989 (12/PNP-002587) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Bouza Manso, Aitor e López Font, Carlos | |
Sobre a demanda ao Goberno galego da creación dun banco público de alugueiro en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f1, do 08.10.2025 | |
4.6 | 35542 (12/PNP-002617) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara | |
Sobre as correccións que debe introducir a Xunta de Galicia nas liñas de axudas aos afectados polos incendios forestais do verán de 2025 nos sectores agrogandeiro e forestal | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f1, do 08.10.2025 | |
Punto 5. | Interpelacións |
5.1 | 26622 (12/INT-001035) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis | |
Sobre a estratexia da Xunta de Galicia para garantir o desenvolvemento das plantas de biogás | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 208f2, do 11.06.2025 | |
5.2 | 35296 (12/INT-001286) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Iglesias Rey, Patricia e Espinosa Mangana, María Elena | |
Sobre a política de beneficios fiscais que aplica a Xunta de Galicia, singularmente no ámbito dos impostos de sucesións e doazóns e sobre grandes fortunas | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025 | |
5.3 | 35773 (12/INT-001309) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis | |
Sobre a expansión do eucalipto e o modelo da Xunta de Galicia para a ordenación do monte galego | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025 | |
Punto 6. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
6.1 | 36690 (12/POPX-000057) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Gómez Besteiro, José Ramón | |
Sobre a capacidade de resposta aos problemas da cidadanía dos orzamentos de Galicia para 2026 | |
6.2 | 36691 (12/POPX-000058) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén | |
Sobre a postura do Goberno galego en relación coas medidas que facilitan o acceso á vivenda | |
Punto 7. | Preguntas ao Goberno
|
7.1 | 34684 (12/POP-005003) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e Fernández Davila, María Cristina | |
Sobre as previsións da Xunta de Galicia en relación coa dotación de profesorado e persoal coidador do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso, de Noia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263f2, do 01.10.2025
| |
7.2 | 36652 (12/PUP-000154) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena | |
Sobre a sostibilidade económica das entidades sen ánimo de lucro que están prestando servizos no campo da discapacidade intelectual
| |
7.3 | 36637 (12/PUP-000152) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis | |
Sobre a materialización da dotación orzamentaria para o desenvolvemento da Lei ELA
| |
7.4 | 34050 (12/POP-004899) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Iglesias Rey, Patricia e 2 máis | |
Sobre os avances na tramitación do plan estruturante de ordenación de solo empresarial relativo á ampliación do parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260f2, do 25.09.2025
| |
7.5 | 28622 (12/POP-004153) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis | |
Sobre o balance do Programa galego de detección precoz do cancro de mama desde a súa posta en marcha hai máis de trinta anos | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 227, do 04.08.2025
| |
7.6 | 35412 (12/POP-005129) |
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia | |
Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia | |
Sobre as actuacións que prevé desenvolver o Goberno galego ante os datos relativos ás listaxes de agarda das distintas áreas sanitarias de Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025
| |
7.7 | 36667 (12/PUP-000155) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Carreira Pazos, Iria | |
Sobre as previsións do Goberno galego ante os últimos datos publicados en relación coas listas de espera no sistema público de saúde, singularmente no referido á contratación de persoal
| |
7.8 | 30442 (12/POP-004568) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis | |
Sobre a valoración que fai o Goberno galego sobre a proposta da nova PAC que prevé entrar en vigor a partir do ano 2027 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 238f2, do 20.08.2025
| |
7.9 | 35691 (12/POP-005162) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis | |
Sobre a situación en que están as concentracións parcelarias no concello de Agolada | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 265f2, do 08.10.2025 | |
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025