saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 15 de outubro de 2025


4.4 34728 (12/PNP-002557)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 14 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao

Goberno central en relación cos fallos rexistrados no uso das pulseiras telemáticas para a protección das vítimas de violencia de xénero

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia,

263f1, 01.10.2025

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e trasladar as seguintes demandas:

 

1.- Esixir a dimisión ou cese da ministra de Igualdade, Ana Redondo, pola neglixencia na xestión das pulseiras Cometa, os recortes orzamentarios aplicados e a ocultación destes fallos durante meses.

2.- Informar ao Goberno galego de cantos casos de desprotección de vítimas de violencia de xénero tiveron lugar durante o fallo no sistema Cometa, cantas mulleres portaban dispositivos telemáticos de control durante os últimos doce meses, as incidencias ocorridas nos devanditos dispositivos e as medidas adoptadas para emendar estas deficiencias e garantir a seguridade das vítimas.

3.- Solicitar ao Consello Xeral do Poder Xudicial un informe que acredite que este fallo xa foi solucionado e que o sistema actual non supón un risco para seguridade das mulleres.

4.- Reclamar a dotación económica, técnica e humana suficiente para garantir a plena implantación, mantemento e correcto funcionamento do sistema de pulseiras Cometa no conxunto de España".

​ 

 

4.5 34810 (12/PNP-002568)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia Prado del Río, Paula e 10 máis

Sobre a proposta de resolución que se presenta en defensa das iniciativas que impulse a Xunta de Galicia fronte aos recursos de inconstitucionalidade interpostos polo Goberno central contra o plan de axilización da dependencia e a repotenciación eólica

Publicación da iniciativa, 263f1, 01.10.2025

​ 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento galego acorda, como Resolución, manifestar o seu apoio a cantas iniciativas impulse a Xunta de Galicia, incluída a vía xudicial, en defensa do seu autogoberno, que pode verse violentado na súa capacidade de impulso lexislativo polos recursos de inconstitucionalidade que, con carácter político partidista, promove o Executivo que preside Pedro Sánchez. Moi en particular, fronte ao recurso de inconstitucionalidade contra determinados preceptos da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas que regulan o plan de axilización da dependencia e da discapacidade e a repotenciación dos parques eólicos".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina