saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 17 de outubro de 2025

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 17 de outubro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 26225 (12/PNC-002438)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Carrera, María Felisa e 9 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que promova campañas en prol do comercio local galego dirixidas á mocidade

BOPG n.º 206f1, do 04.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a desenvolver campañas focalizadas en atraer á mocidade aos comercios locais, co fin de xerar vínculos de valor co comercio local galego e posibilitar tanto unha posible remuda xeracional como a fidelización de potenciais clientes."

 

 

Aprobación con modificacións

 

- 13284 (12/PNC-001262)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis

Sobre a manifestación de interese (MdI) aberta polo Ministerio de Transición Ecolóxica relativa aos nós de Galicia destinados a realizar poxas de capacidade de xeración de acceso á rede

BOPG n.º 106f1, do 23.10.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

 

1. Demandar do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e de Rede Eléctrica de España que desenvolvan as actuacións necesarias que permitan á Xunta e á cidadanía dispoñer da información, actualizada, de fácil acceso e consulta, e en tempo real, relativa á xestión e situación dos nós de acceso e conexión situados en Galicia, por entendela fundamental para desenvolver unha planificación enerxética óptima no ámbito de competencias daquela.

 

2. Demandar do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico cales foron os criterios para que soamente se convocaran o concurso para oito nós, entre eles o de Bateas 220 kV, e solicitar tanto a resolución deste concurso e a convocatoria dos novos para os restantes nós que están esperando polas devanditas convocatorias, e así non bloquear o desenvolvemento industrial de Galicia.

 

3. Demandar do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a clasificación do nó de Maciñeira 400 kV como Nó de Transición Xusta, a convocatoria do concurso e a resolución inmediata, incluíndo a do concurso de Meirama 220 kV, para asegurar que os proxectos industriais nestas zonas poidan desenvolverse e non impedir a reconversión e reindustrialización destas comarcas."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina