A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 17 de outubro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 34464 (12/PNC-003004)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 4 máis
Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe levar a cabo en relación co estudo e coa contención da presenza da ouxa e doutros depredadores mariños nos bancos marisqueiros
BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025
Sométese a votación separada por puntos:
Puntos 1 e 3, resultan aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas.
Punto 2, resulta rexeitado por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galiza insta o Goberno galego a:
. Trasladar ao Parlamento galego e ao sector marisqueiro galego as conclusión dos estudos levados a cabo pola Consellaría de Mar sobre os depredadores de bivalvos, en particular sobre as ouxas.
. Mentres non rematan os estudos que está a realizar a Consellaría de Mar, levar a cabo medidas, de acordo co sector, de contención e paliativas das consecuencias que está a ter a poboación de ouxas nas rías galegas e sobre o sector marisqueiro.".
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 1525 (12/PNC-000178)
Grupo Parlamentario Socialista de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto e López Font, Carlos
Sobre a demanda ao Goberno galego da modificación do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos e útiles para a extracción de recursos mariños
BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que promova con carácter prioritario a elaboración dun novo decreto único e integrador que regule, de forma clara, sistemática e adaptada á realidade actual, o exercicio da pesca marítima profesional en Galicia, coa participación activa do sector e aplicando criterios de boa gobernanza.".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 33631 (12/PNC-002914)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fidalgo Iglesias, Miguel e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central relacionadas coas campañas e coa política de promoción do consumo de peixe, marisco e conservas de produtos do mar
BOPG n.º 257f1, do 18.09.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e trasladarlle as seguintes demandas:
1º.- Reforzar as campañas de promoción do consumo de peixe, marisco e conservas cun plan estatal de alcance plurianual, dotado de financiamento suficiente, que combine accións de comunicación, educación alimentaria en colexios e comedores, e apoio ao comercio retallista de proximidade.
2º.- Impulsar a redución do IVE aplicable ao peixe e marisco, en liña con outros produtos básicos da dieta, para facilitar o seu acceso a todas as familias.
3º.- Apoiar de forma específica ás peixarías tradicionais, como puntos de venda esenciais para o mantemento do consumo e para a cohesión de barrios e pobos.
4º.-Presentar un informe anual diante das Cortes Xerais e dar traslado do mesmo ás comunidades autónomas sobre a execución, alcance e resultados das campañas de promoción financiadas polo Ministerio, detallando o seu impacto real no consumo de peixe e na rede de distribución retallista.".
- 33884 (12/PNC-002943)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Hermelo Piñeiro, María Dolores e 8 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa posible ampliación por parte da Comisión Europea das áreas de prohibición da pesca de fondo e coas súas consecuencias
BOPG n.º 260f1, do 25.09.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Instar ao Goberno de España a reclamar formalmente ante a Comisión Europea que a revisión da prohibición da pesca de fondo se basee en informes científicos actualizados e sólidos, acompañados dunha avaliación socioeconómica sobre as comunidades costeiras galegas.
2. Instar ao Goberno de España a solicitar a exclusión expresa do palangre demersal da prohibición, tendo en conta o seu reducido impacto ambiental e a súa relevancia para o emprego e a economía local.
3. Instar ao Goberno de España a defender ante as institucións comunitarias a necesidade dun fondo europeo específico para a pesca, suficientemente dotado, e a rexeitar os recortes anunciados no futuro marco financeiro plurianual.".