Santalices sinala a Galicia como un referente no turismo de saúde
Santiago, 18 de outubro de 2025.- O presidente da Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices Vieira, salientou esta mañá no acto de conmemoración do 30º aniversario do Balneario de Arnoia que “Galicia é un referente como destino de turismo de saúde".
O xefe do Lexislativo autonómico, lembrou que a provincia de Ourense atesoura moitas riquezas, entre elas o termalismo, “un sector chave non só dende un punto de vista terapéutico, xa que axuda a mellorar o benestar das persoas que se atopan en procesos de recuperación, senón tamén turístico".
Na súa intervención, Santalices felicitou o labor da Fundación San Rosendo, o equipo de directivos e traballadores do balneario de Arnoia, e a todas as institucións que asistiron ao acto.
Saúdos, Gabinete de Comunicación