Santalices destaca o compromiso do doutor Darío Álvarez Blázquez co galeguismo
Santiago, 25 de outubro de 2025. O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, lembrou hoxe, na homenaxe ao doutor Darío Álvarez Blázquez, que este tivo «un marcado compromiso galeguista dende moi novo», o que o converteu co paso do tempo nun dos «que inspiraron o desenvolvemento da anhelada autonomía de Galicia».
Para o xefe do Lexislativo autonómico, Álvarez Blázquez non só foi un galeguista que axudou a «dinamizar o emprego da lingua galega», senón que tamén foi un médico humanista e entregado ao seu traballo.
Na súa intervención, Santalices quixo lembrar que o Parlamento galego é o único en España no que se fala sempre a lingua propia, posto que «todos os deputados e deputadas interveñen en galego, a lingua nai», un exemplo de consenso e tamén do compromiso da institución coa identidade e a cultura do pobo galego.
Saúdos, Gabinete de Comunicación