saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior celebrada o 29 de outubro de 2025

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 29 de outubro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

- 20606 (12/PNC-001924)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 9 máis

Sobre a demanda que debe dirixir a Xunta de Galicia ao Goberno central co obxecto de que impulse as modificacións necesarias na normativa fiscal para eximir de determinados impostos as axudas autonómicas aos deportistas de alto nivel

BOPG n.º 167f1, do 05.03.2025

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a reiterar a demanda diante do Goberno de España para que modifique a Lei reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio, ao fin de recoller entre as súas exencións as axudas de contido económico aos deportistas de alto nivel que sexan outorgadas polas Administracións autonómicas."

 

Aprobación con modificacións

- 34854 (12/PNC-003049)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Insua Lema, Óscar e Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) para mellorar as condicións do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia

BOPG n.º 265f1, do 08.10.2025

 

Sométese a votación separada  por puntos:

Puntos 1, 2 e 3 , que resultan aprobados pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

Punto 4, que resulta rexeitado por 8 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento Galego insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado que:

1- Proceda á autorizar a utilización provisional das embarcacións incautadas ao barco 'Lila Mumbai' en Algeciras para destinalas ás bases marítimas do SVA eb Galicia, asegurando a operatividade en todas elas.

2- Licite os contratos necesarios de subministración de embarcacións para renovar a flota do SVA en Galicia, utilizando no prego de condicións a división en lotes e a prohibición de adxudicar máis dun lote a calquera licitador, co fin de que as entregas sexan simultáneas.

3- Cree unha base marítima permanente e establezaq unha unidade de investigación terrestre do SVA na Costa da Morte."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 24129 (12/PNC-002221)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Mouzo Mas, Paula e 6 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central relacionadas co obxectivo de mellorar as condicións da loita contra o narcotráfico en Galicia

BOPG n.º 192f1, do 30.04.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e trasladarlle as seguintes demandas:​

1.- Establecer os postos de Vimianzo e Corcubión como postos principais da Garda Civil na provincia da Coruña, có fin de que se poidan dotar dun maior número de efectivos e se poida mellorar a seguridade costeira, reforzar a loita contra o narcotráfico e garantir o cumprimento das competencias que a Garda Civil ten en zonas rurais e costeiras.

2.- Modernizar e reforzar os medios materiais e tecnolóxicos da Garda Civil na provincia da Coruña, e moi especialmente na comarca da Costa da Morte, dotando aos postos da Garda Civil de embarcacións máis potentes e manobrables, equipadas coa tecnoloxía necesaria para interceptar narcolanchas e garantir a eficacia das operacións no litoral galego.

3.- Revisar de maneira integral a dotación de medios persoais e materiais empregados polo goberno na loita contra o narcotráfico no litoral da provincia da Coruña e en toda a costa galega, absolutamente inadecuados ao reto ao que se enfrontan."



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina