saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 30 de outubro de 2025

​​Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 30 de outubro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 34848 (12/PNC-003048)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno de España co obxectivo de que actualice a Lei de réxime fiscal das cooperativas

BOPG n.º 265f1, do 08.10.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que lle solicite a actualización da súa Lei de Réxime Fiscal das Cooperativas."

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 25680 (12/PNC-002380)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fernández Rosende, Jesús María e 9 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia coa finalidade de que elabore un protocolo para o acompañamento das persoas con discapacidade visual nos centros sanitarios galegos

BOPG n.º 200f1, do 20.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a estudar a elaboración dun protocolo para o acompañamento das persoas con discapacidade visual nos centros sanitarios galegos, en consenso e coa participación dos profesionais da saúde e das organización que traballan para garantir e ampliar as súas condicións de accesibilidade e inclusión e en especial coa colaboración da ONCE."​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina