saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 4 de novembro de 2025

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 4 de novembro de 2025

      

 

3.1 21775 (12/PNP-001744)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Martínez, Roberto e 13 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central e á Mesa do Congresos dos Deputados respecto da Autoestrada do Atlántico

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia,

175f1, 19.03.2025

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia acorda como resolución, ratificar o seu apoio ao contido íntegro da proposición de lei orgánica de transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da titularidade e competencias da autopista do Atlántico, aprobada por unanimidade nesta Cámara e reivindicación plenamente vixente e con tal fin solicita á Xunta de Galicia que se dirixa aos grupos políticos nas Cortes Xerais a retirada das emendas rexistradas por desvirtuar o texto orixinal que reflexa o sentir maioritario do pobo galego.

Asemade, o Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a adoptar cantas medidas sexan necesarias para facer respectar este acordo e garantir unha AP-9 plenamente galega, cunha xestión pegada ao territorio e libre de cargas, así como tamén a demandar do Goberno de España que elabore e faga público un estudo que avalíe, como mínimo, os seguintes aspectos: o custe do rescate da AP-9, de implantación da súa gratuidade e de aplicar as bonificacións vixentes ata final da concesión e facilite, en cumprimento co principio de transparencia, os cálculos nos que se basea."

 

 

3.2 30453 (12/PNP-002343)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Trenor López, Gonzalo e 8 máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia aos concellos galegos relacionada coa xestión dos residuos municipais e sobre a continuación das axudas da Xunta ás

entidades locais para este fin

Publicación da iniciativa, 238f2, 20.08.2025

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e trasladarlle as seguintes demandas:

       1°- Solicitar a reforma da Lei estatal 7/2022 para garantir:

  1.  A derrogación da obrigatoriedade imposta por esta norma estatal de establecer unha taxa ou prestación patrimonial que repercuta o 100% do custo da xestión de residuos urbanos nos cidadáns.
  2.  O respecto á autonomía local e a potestade tributaria local.
  3. Un sistema flexible de financiamento que permita aos concellos cubrir o servizo con cargo aos seus orzamentos ou mediante modelos mixtos.
  4. A posibilidade de xeneralizar bonificacións sociais para familias vulnerables, pensionistas ou autónomos con baixos ingresos.

     
    2°- Crear un Plan Nacional de Infraestruturas para a Economía Circular, cofinanciado con fondos europeos, que permita mellorar os sistemas locais de recollida e tratamento de residuos sen trasladar todo o custo ao cidadán.

    Asemade insta á Xunta de Galicia, a promover unha campaña informativa, que aclare a orixe estatal deste taxazo e a intensificar a aposta do Goberno galego por apoiar aos concellos e incentivar a concienciación para que o conxunto da sociedade avance de xeito paulatino no seu compromiso coa reciclaxe, coa redución do lixo e coa reutilización, e non en medidas baseadas na suba de impostos e da recadación."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina