O CES entrega ao Parlamento a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2024
Santiago, 20 de novembro de 2025.- O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Manuel Pérez Álvarez entregou hoxe ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2024.
A memoria anual que elabora o CES, segundo o previsto nas súas competencias, estrutúrase en cinco capítulos principais que se ocupan do panorama económico; do mercado de traballo e as relacións laborais; do dinamismo do tecido produtivo; da calidade de vida e o benestar social; e dos recursos e capacidades para o desenvolvemento.
Esta análise tamén aborda asuntos como a evolución demográfica, a actividade e o emprego, a estrutura produtiva, a saúde, a pobreza, a cultura, o medio ambiente, a formación ou a investigación e tecnoloxía.
Saúdos, Gabinete de Comunicación