saltar ao contido

Teresa Villaverde e Manuel Parga toman posesión como deputados no Parlamento de Galicia

Santiago, 10 de outubro de 2011.-  Dous novos deputados tomaron posesión esta mañá no Parlamento de Galicia. Trátase de María Teresa Villaverde Pais, deputada do PP pola Coruña, que substitúe a Pablo Cobián; e de Manuel Marga Núñez, deputado do BNG por Lugo, que substitúe a Fernando Blanco.
 
María Teresa Villaverde Pais naceu o 22 de agosto do 1960 en Noia e reside en Lousame. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomada en Maxisterio pola USC. Funcionaria de carreira grupo 2 en exercicio da docencia activa en distintos centros educativos desde o ano 1984. Foi xefa territorial  da Consellería de Educación na provincia de A Coruña. Especialista en Audición e Linguaxe.
Concelleira no Concello de Lousame dende o ano 2003 ata a actualidade.
 
Manuel Parga Núñez foi deputado no Parlamento de Galicia polo BNG na pasada lexislatura 2005-2009. Portavoz de Educación. Membro do Consello Nacional do BNG e vicerresponsable comarcal na Mariña lucense. Portavoz municipal do BNG no concello de Burela dende 1995 ata 2005. Mestre de Educación Primaria. Especialista en Pedagoxía Terapéutica. Licenciado en Xeografía e Historia.
Director do CEIP de Cervo-Lugo, nos cursos 89-90, 90-91, 91-92, 97-98, 2002-2003, 2003-2004, 2004-2005. Coordenador de varios proxectos de investigación e formación a nivel galego, estatal e europeo. Relator en Xornadas sobre Proxectos Educativos de Centro e en encontros sobre proxectos educativos europeos.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina