saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 20 de novembro de 2025

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 20 de novembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

- 37494 (12/PNC-003251)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que garanta a incorporación das comunidades autónomas no proceso de reforma de Lei de prevención de riscos laborais

BOPG n.º 276, do 29.10.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 5 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para a inmediata incorporación das Comunidades Autónomas no proceso de modificación da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, garantindo a súa participación efectiva desde a fase inicial dos traballos e o pleno respecto ás súas competencias en materia de execución da lexislación laboral e de promoción da seguridade e saúde no traballo".

 

- 37940 (12/PNC-003298)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia da creación dun recurso específico destinado a axudar as empresas a detectar, acompañar e apoiar as vítimas de violencia de xénero

BOPG n.º 279f1, do 05.11.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que poña en marcha un recurso específico dirixido as empresas có obxecto de axudalas a detectar, acompañar e apoiar cando unha muller está a ser vítima de violencia de xénero".

 

Aprobación por unanimidade con modificacións​

- 36441 (12/PNC-003180)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Insua Lema, Óscar e 2 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego do remate das obras de acondicionamento, da dotación material e da posta en marcha do servizo oncohematolóxico do Hospital Comarcal da Costa da Morte

BOPG n.º 272f1, do 22.10.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a aproveitar a oportunidade que supón a posta en marcha da sala de oncohemalotoxía no hospital comarcal da Costa da Morte (Cee), para administrar os tratamentos oncolóxicos, cando os profesionais o consideren, seguindo criterios técnicos e médicos estritos, evitando así o desprazamento dos doentes e potenciando este novo servizo sanitario, funcional, rigoroso e seguro".



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina