saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 21 de novembro de 2025

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 21 de novembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 38149 (12/PNC-003317)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fidalgo Iglesias, Miguel e 10 máis

Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe levar a cabo para conseguir a coordinación necesaria co Concello de Vigo co fin de mellorar as condicións e a proxección do Camiño de Santiago nese concello

BOPG n.º 283f1, do 12.11.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 2 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Concello de Vigo para:

 

1. Permitir a sinalización oficial do Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade, coordinándose coa Xunta de Galicia para a instalación de indicadores claros e visibles en puntos estratéxicos.

2. Revisar a postura do alcalde sobre o Camiño de Santiago, promovendo unha comprensión máis ampla dos beneficios culturais e económicos que este ruta achega a Vigo.

3. Fomentar a colaboración entre o Concello, a Xunta de Galicia e as asociacións de hostaleiros e de peregrinos para desenvolver unha estratexia de promoción do Camiño de Santiago en Vigo"​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina