saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 21 de novembro de 2025

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 21 de novembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación con modificacións

 

- 34513 (12/PNC-003010)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Suárez Fernández, Iago e 2 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia de información verbo do seu apoio económico á Regata Rey Juan Carlos I de Sanxenxo e de transparencia neste tipo de contratos de patrocinio

BOPG n.º 263f1, do 01.10.2025

 

Sométese a votación separada por puntos:

Punto 1, resulta aprobado pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

Punto 2, resulta rexeitado por 8 votos a favor, 9 en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1. Facilitar antes da fin do actual período de sesións o contrato de patrocinio da Xunta de Galicia coa regata Juan Carlos I de Sanxenxo do ano 2025".

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 32570 (12/PNC-002833)

Grupo Parlamentario Socialista de Galicia

Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia

Sobre a creación dun programa de terapia con animais para vítimas de violencia de xénero que fomente a adopción e unha nova vida para elas e os animais

BOPG n.º 248f1, do 04.09.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que estudie a viabilidade de crear, dentro das políticas de fomento da adopción de animais de compañía, un programa de terapia asistida con animais a vítimas de violencia de xénero que poida supoñer o inicio dunha nova vida para o can e a súa dona."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 26227 (12/PNC-002439)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pérez López, Noelia e 7 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que cree en Ourense, con carácter urxente, un grupo operativo completo da Unidade de Prevención e Reacción da Policía Nacional

BOPG n.º 206f1, do 04.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia, a dirixirse ao Goberno de España para crear, con carácter urxente, un Grupo Operativo completo da Unidade de Prevención e Reacción (UPR) da Policía Nacional na cidade de Ourense, co obxectivo de que poidan realizar de forma eficaz as funcións que lles son propias: prevención da delincuencia, mantemento da orde pública e actuación inmediata ante situacións de risco.".

 

- 26247 (12/PNC-002443)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 6 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe realizar ao Goberno central co obxecto de que incremente as prazas de secretarios, tesoureiros e interventores para os concellos galegos

BOPG n.º 206f1, do 04.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reiterar ao Goberno de España, a necesidade urxente de aumentar as prazas para cubrir os postos de secretarios, interventores e tesoureiros dos concellos galegos.".​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina