saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 26 de novembro de 2025

​A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 26 de novembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 38496 (12/PNC-003356)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego de accións para divulgar a obra de Xosé Neira Vilas co gallo do décimo aniversario do seu pasamento

BOPG n.º 283f1, do 12.11.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1.         Desenvolver accións divulgativas que axuden a difundir a obra de Xosé Neira Vilas, co gallo do decimo aniversario do seu pasamento.

2.         Dotar a través dos orzamentos de 2026 partidas para programas didácticos sobre a emigración e o exilio galegos.

3.         Realizar un proxecto de divulgación a diferentes niveis sobre o legado de Neira Vilas e da xeración do modernismo galego"

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 25593 (12/PNC-002370)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Vázquez Suárez, Cecilia e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de que adopte as medidas necesarias para incrementar nun mínimo do 15 por cento a oferta de prazas de novo ingreso nos estudos de enfermaría en Galicia

BOPG n.º 200f1, do 20.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno central que adopte as medidas necesarias, en coordinación coas comunidades autónomas e co Sistema Universitario, para incrementar nun mínimo do 15% a oferta de prazas de novo ingreso nos estudos universitarios de Enfermaría en Galicia e que este incremento vaia acompañado dun financiamento suficiente"


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina