saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 27 de novembro de 2025

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 27 de novembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 25585 (12/PNC-002368)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Trenor López, Gonzalo e 9 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxectivo de que comece a desenvolver de forma plena e autónoma as previsións contidas na Lei de ordenación e xestión integrada do litoral

BOPG n.º 200f1, do 20.05.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a priorizar as accións que desenvolva no marco da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) e que permitirán á nosa comunidade desenvolver de xeito pleno, máis autónomo e efectivo as políticas para protexer e xestionar a nosa costa."

 

- 27605 (12/PNC-002615)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Deza Martínez, María e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que responda ás solicitudes de cesión gratuíta e definitiva das vivendas e do solo en mans da Sareb que se localizan en Galicia

BOPG n.º 214f1, do 25.06.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reclamar resposta urxente do Goberno de España ás reiteradas solicitudes de cesión gratuíta e definitiva das vivendas e solos propiedade da Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB) situados en Galicia, có fin de destinalos a políticas públicas de vivenda."

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 38109 (12/PNC-003312)

Grupo Parlamentario Socialista de Galicia

Bouza Manso, Aitor e 3 máis

Sobre as demandas ao Goberno galego en relación coa planificación orzamentaria da mellora da seguridade viaria da estrada AC-455 no treito correspondente ao concello de Val do Dubra

BOPG n.º 283f1, do 12.11.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Manter o compromiso coa mellora da seguridade viaria na estrada AC-455 ao seu paso polo concello de Val do Dubra.

2. Priorizar, dentro desa planificación, as actuacións necesarias para garantir o mantemento, limpeza, conservación e avaliación estrutural da ponte sobre o río Dubra."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina