A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 28 de novembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 34065 (12/PNC-002955)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxectivo de que autorice a creación dunha base permanente da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na localidade de Toén
BOPG n.º 260f1, do 25.09.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a creación dunha base permanente da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na localidade de Toén (Ourense), que axilizaría o despregue de medios de extinción fronte a futuros incendios forestais."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 26298 (12/PNC-002452)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Viso Diéguez, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que tamén inclúa no Plan estratéxico da PAC os efectos dos períodos de choivas persistentes sobre os terreos agrícolas
BOPG n.º 203f1, do 28.05.2025
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que no PEPAC, dentro dos efectos orixinados polo cambio climático, tamén se inclúan os efectos dos períodos de choivas persistentes que asolagan os terreos impedindo a súa labranza e aproveitamento."