5.2 37586 (12/PNP-002752)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Hermelo Piñeiro, María Dolores e 8 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia da elaboración e avaliación dun estudo técnico respecto das necesidades da comarca do Morrazo en canto aos servizos de atención sanitaria continuada e urxente
Publicación da iniciativa, 279f1, 05.11.2025
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Encargar ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a elaboración dun estudo técnico detallado sobre a atención continuada e urxente na comarca do Morrazo, con especial atención á situación dos concellos de Cangas e Moaña.
2. Avaliar neste estudo as vantaxes asistenciais, organizativas e de eficiencia derivadas do modelo actual fronte a posibles alternativas de redistribución dos servizos.
5.3 37701 (12/PNP-002760)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Suárez, Cecilia e 14 máis
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que avance no desenvolvemento de ferramentas que garantan a neutralidade ideolóxica nas actividades dos centros de ensino
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, 276, 29.10.2025
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a frear e rexeitar calquera intento de adoutrinamento político das nenas e nenos en idade escolar e a seguir avanzando en ferramentas que garantan a neutralidade ideolóxica nas actividades escolares e complementarias que se desenvolvan nos centros educativos, como base da pluralidade e o respecto ás liberdades individuais".