saltar ao contido

Santalices: «O emprendemento está no ADN dos galegos e galegas»

 

Santalices: «O emprendemento está no ADN dos galegos e galegas»

 

 

  • O presidente clausurou Ourense Territorio Emprendedor, un evento que reuniu profesionais de toda España

 

 

Santiago, 5 de decembro de 2025. O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, clausurou hoxe Ourense Territorio Emprendedor. Este evento reuniu figuras institucionais, figuras expertas de primeiro nivel e persoas emprendedoras locais de toda España para axudar a «crear lazos, redes de coñecemento e, de seguro, tamén de amizade».

 

Na súa intervención, afirmou que «o emprendemento está no ADN dos ourensáns e dos galegos», pois houbo e hai galegos e galegas que apostaron por proxectos empresariais innvovadores co noso selo, aquí e máis alá das nosas fronteiras.

 

Por outra banda, celebrou que se escollese Ourense para a celebración deste encontro de profesionais do desenvolvemento local porque «a provincia ten, sen dúbida, un enorme potencial como terra de oportunidades».

 

«Ourense, Galicia e España necesitan os autónomos e as pequenas e as medianas empresas que están na base do noso tecido produtivo, e dan riqueza e vida ás nosas aldeas e cidades», defendeu o xefe do Lexislativo.

 

Santalices tamén agradeceu aos organizadores, a Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos (AEPA) e o Club do Emprendemento, escolleren a cidade ourensá para este acontecemento. Considerou este un primeiro paso para converter Ourense nunha provincia de referencia para emprendedores e autónomos de toda España.

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina