saltar ao contido

Acordos aprobados na reunión da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 10 de decembro de 2025

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 10 de decembro de 2025, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 21811 (12/PNC-002039)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Campero Dorado, Cristina e 10 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que reforce con medios humanos e materiais os postos da Garda Civil da Limia e da Baixa Limia para afrontar o incremento da actividade delituosa nestas zonas

BOPG n.º 179f1, do 26.03.2025

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España co obxecto  de  que  reforce  e  intensifique  de  maneira  urxente, con  medios  humanos  e materias suficientes, os postos da Garda Civil nas comarcas da Limia e da Baixa Limia, a fin de que garanta a súa operatividade as 24 horas do día ante a alarma social que provoca a repunta delituosa.

 

Asemade,  compre  estudar  a  posibilidade  de  reapertura  daqueles  cuarteis  da  Garda Civil  clausurados  nos  últimos  anos,  de  xeito  especial,  en  localidades  limítrofes  con  Portugal."​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina